"Bembibre" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Taboada baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Val do Dubra baixo a advocación de san Salvador. É a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da comarca do Bierzo, integrado no partido xudicial de Ponferrada, na provincia de León, e na Comunidade Autónoma de Castela e León. Eclesiasticamente pertence á diocese de Astorga (11.104 h [1996]). O termo está drenado polo río Boeza, da conca do Sil. O principal sector de actividade é o secundario, destacando as explotacións mineiras dos xacementos de antracita, que foron o principal motor da súa economía. Ten tamén industrias de licores e de fabricación de cerámica tradicional. Está inserto na área de influencia de Ponferrada, cidade da que o separan 16 km. A estrada nacional N-VI (autovía A-6) é, xunto co ferrocarril, a principal vía de comunicación do municipio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en Taboada. Do s XVI e posteriores, está feito en pedra de cantería, ten planta en forma de U con tres ás abertas a un patio interior estruturado amodo de claustro, cunha planta baixa con arcadas e unha planta alta con columnas; as tres ás están situadas ao longo dun corredor. Conserva a torre e tivo capela propia.

    VER O DETALLE DO TERMO