"Berkeley" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • CIDADES

    Cidade do estado de California, nos EE UU, situada na badía de San Francisco (102.720 h [1991]). É sede principal da University of California, fundada no ano 1868, unha das universidades con máis reputación dos EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo protestante inglés. Foi bispo de Cloyne desde 1734. Formulou unha filosofía estruturada ao redor dunha análise do coñecemento, que, influída por Descartes e Malebranche, levou ao límite os resultados de Locke. A sensación, único medio polo que o espírito se pon en contacto coas cousas, é aquilo que as constitúe ontoloxicamente como tales (esse est percipi); todo o que é (e só é iso que se percibe) ten que ser necesariamente espiritual. A filosofía de Berkeley pódese resumir en catro teses fundamentais: a que sostén que a materia non é senón o conxunto das ideas; a que indica que a idea abstracta é un sinxelo flatus vocis e, por conseguinte, defende un nominalismo sobre o que se apoiará o posterior inmanentismo científico; a que opón o espiritualismo e o voluntarismo a un materialismo que identifica a materia coa realidade racional, e a que defende o teísmo fronte ao deísmo e ao ateísmo. Formulou as teses fundamentais do seu pensamento en Essay towards a New...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor inglés de ascendencia francesa. Colaborou con B. Britten na suite de danzas catalanas Mont Juic (1937). Escribiu, entre outras composicións, un oratorio, diversas óperas e sinfonías, e numerosos concertos para piano e dous pianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Coreógrafo e director cinematográfico coñecido por Busby Berkeley. Especializouse na coreografía e dirección de filmes musicais. Dirixiu, entre outras: Gold diggers of 1935 (As buscadoras de ouro de 1935, 1935), Babes in arms (Nenos de peito, 1939) e Take me out to the ball game (Lévame ao partido, 1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cancioneiro da Bancroft Library.

    VER O DETALLE DO TERMO