"Berlanga" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, preto do límite con Andalucía e no partido xudicial de Llerena (2.716 h [1996]). A súa economía baséase no sector agropecuario, destacando os cultivos de cereais, alfarrobeiras, vide e oliveiras, ademais da gandería ovina e porcina. Ten fábricas de xabón, gaseosas e augardentes.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da comarca do Bierzo, integrado na provincia de León, comunidade de Castela e León (459 h [1996]). A súa actividade económica céntrase na produción de cereais, legumes e castañas, ademais da cría de gando.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Luis García Berlanga.
-
IGREXAS
Igrexa mozárabe do s X situada na provincia de Soria. Capela cuberta por unha bóveda de canón, a nave é case cadrada. Dunha columna situada no centro da nave parten oito arcos cara ao muro como se fosen as follas dunha palmeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e guionista cinematográfico. Forxou, con Juan Antonio Bardem, a recuperación do cine dos anos cincuenta. En 1952 dirixiu Bienvenido Mr. Marshall, e en 1957 Los jueves, milagro. O humor negro e a sátira foron as súas características básicas. Outros filmes seus son: La escopeta nacional (1977) e La vaquilla (1985). No ano 1994 obtivo o Premio Goya por Todos a la cárcel (1993).
VER O DETALLE DO TERMO