"Betta" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes dulceacuícolas da familia dos anabántidos ao que pertence o batallador.
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Mestre de guitarra de Luís XIV en París, trasladouse posteriormente a Londres, ata que de novo regresou a París en 1671, onde ensinou este instrumento á familia real de Carlos II. Da súa produción destacan as coleccións para guitarra barroca francesa La guitarre royalle (1671 e 1674).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado. Foi elixido deputado en 1869 e dirixiu os republicanos radicais, opoñéndose a Napoleón III. Formulou o denominado “programa de Belleville”, no que reivindicaba a liberdade individual, a liberdade de prensa e de reunión e a separación Igrexa-Estado. Proclamou a Terceira República (1870), presidiu a cámara de deputados (1879) e asumiu a dirección política de Francia durante uns meses (1881). Fundou o xornal La République Française, no que defendeu as ideas republicanas e rexeitou os intentos de restauración monárquica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista ucraíno. Catedrático da Universidade de Pennsylvania desde 1947, especializouse primeiramente en lingüística semítica, e despois en lingüística estrutural. Cara ao 1953 introduciu na teoría lingüística o concepto de “transformación”, que el define como unha relación sistemática entre oracións de significado semellante pero estrutura sintáctica distinta. Destacan as súas obras Methods in Strutural Linguistics (1951), String Analysis of Sentence Struture (1962), Mathematical Strutures of Language (1968), Papers on Strutural and Transformational Linguistics (1970) e Papers on Syntax (1981).
VER O DETALLE DO TERMO