"Bhutan" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • ENTRADA LARGA

    Estado de Asia meridional, situado na vertente S da cordilleira do Himalaia e limitado ao N por China e ao L, S e O pola India (47.000 km2; 1.165.000 [1980]; 2.004.000 h [estim 1998]). Esténdese latitudinalmente entre os 28° e 27° N e lonxitudinalmente entre os 88° e os 92° L. A capital é Thimphu.
    Xeografía

    Xeografía física
    A localización de Bhutan no eixe axial da cordilleira do Himalaia provoca que a  altitude sexa moi elevada en todo o territorio, aínda que decrece de N a S. Deste xeito, distínguense tres zonas: os Duars, altiplano detrítico prehimalaio ao S, duns 400 m de altitude; o Himalaia Medio, rexión sucada por moitos vales e de altitude inferior aos 3.000 m; e o Gran Himalaia; ao N do país, con cumes de altitudes superiores aos 7.000 m (Kula Kangri, 7.554; Chomo Chāri, 7.314 m). Os dominios climáticos varían segundo as rexións topográficas: ao N é un dominio de alta montaña, con precipitacións de neve, e nos Duars é un...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Bhutan ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Bhutan.

    VER O DETALLE DO TERMO