"Bonaparte" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Buonaparte Familia de orixe nobre lombarda estendida por diferentes lugares de Italia (Florencia, Treviso, Verona e Padua). Membros relevantes desta familia foron o Emperador Napoleón I e o seu fillo -o Rei de Roma- Napoleón II; Xosé I, Rei de Nápoles e de España; Luís I, Rei de Holanda, e o seu fillo, o Emperador Napoleón III, así como o fillo deste último, o príncipe imperial francés Uxío Luís Napoleón Bonaparte (1856-1879); Xerónimo (1784-1860), Rei de Westfalia, e os seus fillos Xerónimo e Matilde Bonaparte; Luciano Bonaparte, príncipe de Canino; Elisa Bonaparte (1777-1820), gran duquesa de Toscana; Paulina Bonaparte (1780-1825), duquesa de Guastalla; e Carolina (1782-1839), Raíña de Nápoles.
-
PERSOEIRO
Político e estudoso de Filoloxía, Química e Ciencias Naturais. Fillo de Luciano Bonaparte, príncipe de Canino, foi deputado na Asemblea francesa (1848) e senador durante o Segundo Imperio.Trátase dun investigador interesado polas linguas minoritarias, especialmente polo éuscaro, o portugués, o asturiano, o saiagués e o galego, que desenvolvía a súa actividade solicitando información e textos aos eruditos das distintas áreas lingüísticas que estudiaba. Compilou as traducións de textos relixiosos como a Oración dominical, o Cantar dos Cantares e o Evanxeo de san Mateo. Carteouse co naturalista galego Víctor López Seoane entre os anos 1887 e 1888 para solicitarlle os nomes dos réptiles, co dialectólogo portugués Leite de Vasconcelos e con Gonçalves Viana, fonetista luso. Elaborou tamén o prólogo da tradución do Evanxeo de san Mateo (Londres, 1861), no que escribiu “Observaciones comparativas sobre la pronunciación gallega, asturiana, castellana y portuguesa”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Napoleón III.
-
PERSOEIRO
Príncipe de Canino, irmán de Napoleón I. Presidente do consello dos Cincocentos (1789), preparou o golpe de estado do 18 de Brumario. Ocupou o ministerio do Interior e unha embaixada en Madrid (1800-1801). Escribiu unhas Memorias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Napoleón I Bonaparte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xosé I.
-
PERSOEIRO
Poeta occitano da escola de Aviñón, pertencente á familia imperial dos Bonaparte. É destacable o seu himno Coupe. Escribiu Li parpalhons blus (1868) e Li piadas de la princessa (1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filla de Xerome Bonaparte e sobriña de Napoleón. Casou (1841) co príncipe ruso Anatolio Demidov. Durante a Segundo Imperio (1868-1870) tivo en París un activo salón artístico e literario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e estadista corso, fillo de Carlos Bonaparte e Maria Laetizia Ramolino. Formouse nas escolas militares de Brienne e de Champ de Mars (París). Aínda que inicialmente as súas ideas comulgaron coas do independentista P. Paoli, durante a Revolución Francesa amosouse favorable á anexión con Francia, polo que, para evitar represalias, fuxiu a Marsella coa súa familia (1793). Declarado xacobino, comezou unha brillante carreira militar ata a Reacción Termidoriana (1794) -cando o prenderon- que recuperou posteriormente ao ser nomeado capitán do exército do interior. En París coñeceu e casou (1796) con Xosefina Beauharnais e ese mesmo ano marchou a Italia, onde conseguiu, tras unha brillante campaña, a celebración do Congreso de Rastatt (1797), o Tratado de Campoformio (1797) e a modificación do mapa político europeo: suprimiu o Reino de Venecia e creou a República Cisalpina. Pasou a Exipto para atallar os británicos na ruta cara ás colonias orientais e quedou illado pola destrución da súa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre francesa, princesa Borghese e duquesa de Guastalla, irmá de Napoleón I Bonaparte. Viúva do xeneral Leclerc (1802), casou con Camilo Borghese (1803), que chegou a ser príncipe-duque de Guastalla. Acompañou a Napoléon I Bonaparte á illa de Elba.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe imperial, fillo de Napoleón III e Uxía de Montijo. Ao morrer o seu pai os bonapartistas proclamárono emperador, Napoleón IV, e converteuse no pretendente oficial ao trono imperial. Alistado como voluntario nunha expedición británica a Zululandia, foi asasinado polos nativos.
VER O DETALLE DO TERMO