"Borrajo" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
-
Forma castelanizada correspondente ao apelido galego Borrallo.
-
Liñaxe galega que leva como armas: en campo de prata, unha banda axadrezada de ouro e goles en dúas ordes, engulida en cabezas de dragantes, de sable (ou sinople).
-
-
GALICIA
Avogado. Foi catedrático de Dereito do Traballo na Universitat de València e participou na fundación da Facultat d’Econòmiques da que foi director xerente. En 1967 ocupou a cátedra de Política Social e Dereito do Traballo na Universidad de Madrid. Foi director da Academia de Derecho do Sindicato Español Universitario (SEU). Colaborador da Revista de Derecho Mercantil, publicou Derecho del trabajo: (apuntes y guiones) (1967) e El cambio laboral en la década de los 90 (1991), xunto con outros autores. Realizou a edición anotada de Leyes laborales y de seguridad social (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prateiro. Traballou na diocese de Tui no segundo terzo do s XVIII. Consérvanse unha custodia dourada e un cáliz en Santiago de Covelo (Mondariz), e unha cruz na parroquia de Páramos (Tui).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humorista e dramaturgo. Coñecido como Moncho Borrajo, despois de estudar o bacharelato en Vigo, trasladouse a València, onde se formou en arquitectura. Posteriormente abandonou esta titulación e marchou á Escuela San Carlos de València, para formarse como aparellador e en Belas Artes. Nestes anos tomou conciencia da súa identidade galega e participou en diversos actos públicos interpretando cancións en galego, castelán e valenciano. En 1970 gañou o premio de debuxo universitario do Colexio de Arquitectura e en 1972 obtivo o II Premio da Canción Universitaria. Ademais, foi seleccionado para o XIII e XIV Premio Internacional de Debuxo Joan Miró. A partir de aquí realizou exposicións por diversas galerías de España. En 1976 recibiu a medalla ao mérito artístico e pouco despois fundou a biblioteca e o grupo de baile galego do Centro Galego de València. A partir de 1985 dedicouse plenamente ao mundo do espectáculo.Como humorista destacou sempre pola súa enorme capacidade para a improvisación....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Estudiou Deseño e Decoración en Madrid. Nos anos setenta asentouse en Galicia. Foi profesor de Arte na Universidade Laboral de Ourense. Traballa tanto sobre madeira como sobre aceiro, na procura dunha escultura arquitectónica onde os efectos sobre os materiais sinteticen as formas case abstractas dos apeiros de labranza. A influencia de Oteiza ou Chillida reflíctese no tratamento dos espacios interiores e exteriores das súas pezas, moitas veces resoltas seguindo fórmulas industriais. Expuxo na Mostra Atlántico-83 e na Expo-92 de Sevilla.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Coñecida como Emeneira, o mundo do mar e todo o que acontece nel é a principal característica da súa obra, realizada na súa maior parte ao óleo. Destaca El cosido del mar e Naufragio azul.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Foi discípulo de Joaquim Sorolla e cultivou o retrato, a paisaxe urbana e mariñeira e a composición figurativa. A sobriedade das súas escenas contrasta co seu folclorismo. Utilizou o trazo amplo, con pinceladas directas e enérxicas e con grande interese pola luz e a cor. Recibiu a mención honorífica na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1904, 1906 e 1908. Da súa produción destaca Las dos hermanas (1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Presentador. Licenciado en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, abandonou o seu labor como pedagogo para presentar o programa Supermartes, que converteu nun clásico da Televisión de Galicia con máis de 12 anos de emisión. Ao longo deste período tamén presentou diversos programas na Radio Galega, como “En directo Superpiñeiro” e “Cita con Superpiñeiro”, e gravou algúns discos. Recibiu o Premio Galego do Ano (2000).
VER O DETALLE DO TERMO