"Botón de Ancla" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Filme producido polo vigués Cesáreo González a partir dun relato curto do capitán de corveta José Luis de Azcárraga baseado na vida cotiá dos cabaleiros gardamariñas da Escola Naval Militar de Marín. Adaptado por H. S. Valdés con diálogos de Adolfo Torrado -tándem habitual nas producións Suevia na década dos corenta- foi dirixida por Ramón Torrado. Carlos, José Luis e mais Enrique son tres alumnos da Escola Naval que forman o grupo Botón de Ancla. A película recolle as súas aventuras e distintos rituais da vida militar, mesturando a comedia máis clásica con notas de melodrama, a heroica morte de Enrique, morte física pero non espiritual, presente nas imaxes finais do desfile que celebra a entrega de despachos. A súa estrea en Madrid foi patrocinada polo ministerio de Mariña nunha sesión de gala. En Vigo serviu para a inauguración do Teatro Cine Fraga en marzo de 1948, obra do arquitecto Luis Gutiérrez Soto, e propiedade de Isaac Fraga. Acadou un grande éxito de público que tentaron repetir...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción española rodada en 1972 en exteriores e interiores da Escola Naval de Marín e nas cidades de Pontevedra e Vigo. Foi dirixida por Ramón Torrado e interpretada por Peter Lee Lawrence, Maribel Martín, Alfredo Mayo, Ramón Pons, Pepe Ruíz, Rafael Hernández e Adoración Vázquez, entre outros. Tres amigos, alumnos da Escola Naval de Marín, estragan a súa amizade por mor dun malentendido ocasionado polas relacións que un deles, Carlos, mantén con dúas mulleres. A axuda dun dos seus profesores será fundamental para recuperar esa amizade perdida. Cando todo volvía á normalidade, Enrique, un dos tres amigos, no intento por salvar un barco que naufragaba, morre. Ao finalizar o curso, no desfile final, xa como alféreces, lembran o seu compañeiro falecido.

    VER O DETALLE DO TERMO