"Boullón" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • RIOS

    Río afluente do Navia pola esquerda. Nace na parroquia de Quinta (concello das Nogais), da confluencia de varios regos que drenan a serra do Rañadoiro. O seu curso adopta unha dirección SO-NL coa que drena as parroquias de Quinta e Viladicente, ata a súa desembocadura, logo dun percorrido duns 2,5 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Brión baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora da mesma universidade. Traballa en temas relacionados coa lingua e a toponimia. Publicou: Contribución ao estudo do léxico de Valentín Lamas Carvajal (1986) e doutorouse coa tese Contribución ao estudo da antroponimia medieval galega (séculos VIII-XIII) (1993). Ten participado en volumes colectivos como Estudios dedicados a Celso Emilio Ferreiro (1992), Guía bibliográfica da lingüística galega (1996), Homenaxe a Pilar Vázquez Cuesta (1996) e Homenaxe a Ramón Lorenzo (1998), entre outros moitos. Ademais participou na elaboración do Dicionario normativo galego-castelán (1988), Vocabulario comercial básico (1988), Dicionario escolar galego (1990), Léxico administrativo castelán-galego (1991) e do Dicionario dos nomes galegos (1992). Colaboradora nas revistas Verba e Cadernos da Lingua...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia de pintores e gravadores parisienses dos ss XVII e XVIII. Louis Boulongne o Vello (París 1609 - 1674), estudiou en Roma e foi un dos fundadores da Académie. O seu fillo, Bon Boulongne o Maior (París 1649 - 1717), decorou as capelas de san Xerome e santo Ambrosio, na igrexa dos Inválidos de París. Louis de Boulongne o Novo (París 1654 - 1733), foi director da Académie e primeiro pintor do rei. Traballou no palacio de Versailles. As súas irmás, Geneviéve Boulongne (1645-1708?) e Madelaine Boulongne (1646-1709?), tamén cultivaron a pintura e foron membros da Académie.

    VER O DETALLE DO TERMO