"Cádiz" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • CIDADES

    Cidade e capital da provincia homónima, en Andalucía, situada sobre un istmo que pecha a ampla baía de Cádiz, unindo a terra firme coa antiga Isla de León (145.595 h [1996]). As súas actividades, a industria naval e a pesqueira, están relacionadas co mar. É un dos portos máis importantes da Península, tanto polo número de barcos como polo número de pasaxeiros que o visitan; ademais trátase dun importante centro comercial e administrativo. A economía complétase coa produción de lácteos, derivados do café, do cacao e do azucre. Foi unha antiga factoría fenicia (Gadir), fundada despois do s XVIII a C, que se converteu nun porto de exportación de minerais e de garum. O santuario de Melqart continuou na época romana baixo a advocación de Hércules. Non se atoparon restos da cidade fenicia pero si algunhas tumbas dunha época próxima á romana (un sarcófago antropomorfo) e, no sector de Puertatierra, un sarcófago fenicio de muller dos ss V ou IV a C, que pode ser unha sacerdotisa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Andalucía (7.385 km2; 1.105.762 h [1996]). A capital é Cádiz. Integrada por 44 municipios, o seu litoral constitúe un dos espacios máis densamente poboados de España, cunha rede urbana policéntrica. A cidade de Jerez de la Frontera é o núcleo máis populoso; séguenlle a capital, Cádiz, Algeciras (principal porto mercante da Península Ibérica), San Fernando, El Puerto de Santa María, Sanlúcar de Barrameda, La Línea de la Concepción e Chiclana. Ata a creación da administración provincial, no primeiro terzo do s XIX, formaba parte do antigo Reino de Sevilla. A provincia incluía tamén a cidade de Ceuta, ata que esta se converteu en cidade autónoma en marzo de 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e porto da illa de Negros, en Filipinas (120.000 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada no Océano Atlántico, na costa sudoccidental da Península Ibérica. Ten unha lonxitude de 13 km e unha anchura de 10 km. A súa orixe é lacunar. É un gran refuxio para a navegación, o que fai que se desenvolvan núcleos importantes, sobre todo, Cádiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro texto constitucional da historia política española. Aprobada polas Cortes de Cádiz, foi promulgada o 19 de marzo de 1812, aniversario da subida ao trono de Fernando VII e festividade de san Xosé, polo que foi coñecida como La Pepa. Consta de 384 artigos divididos en 10 títulos. Rompeu co sistema político-social do Antigo Réxime ao declarar que a soberanía residía na nación e ao definir os dereitos individuais. Estableceu como forma do estado a monarquía moderada e limitada pola división de poderes: o poder executivo residía no rei; o lexislativo nas cortes unicamerais formadas por deputados elixidos por sufraxio indirecto e renovados cada dous anos; o xudicial residía nos tribunais de xustiza e a Constitución prohibía a intervención das Cortes e do rei nos asuntos xudiciais. Como órgano consultivo instituíuse o Consello de Estado. A relixión católica foi declarada como a oficial do reino. Ao longo do texto constitucional enumerábanse os dereitos de carácter liberal como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiron as cortes reunidas inicialmente na Isla de León (Cádiz) e posteriormente en Cádiz e Madrid, dende o 24 de setembro de 1810 ata o 10 de maio de 1814, durante o período da Guerra de Independencia e ata o regreso de Fernando VII. Naceron co carácter de Cortes Xerais e extraordinarias, e realizaron os labores de Cortes constituíntes. Nun primeiro momento establecéronse no teatro da Isla de León (actual San Fernando) ata que en febreiro de 1811 se trasladaron á igrexa de San Felipe Neri, en Cádiz, a causa da proximidade dos franceses. O 14 de outubro de 1813 regresaron á Isla de León e finalmente o 15 de xaneiro de 1815 se instalaron no teatro dos Caños del Peral en Madrid. Naceron coa finalidade de coordinar as accións de loita contra os franceses e para reformar politicamente o país. Os deputados chegados a Cádiz procedían da zona libre de ocupación francesa, aínda que algúns proviñan da zona ocupada. A maioría deles eran eclesiásticos e avogados, aínda que tamén había funcionarios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Situado no Océano Atlántico, no litoral sudoccidental da Península Ibérica. Ábrese desde o cabo de San Vicente (Algarve, Portugal) ata a punta de Tarifa (Andalucía), ao longo duns 350 km de costa baixa, formada por depósitos de aluvión dos ríos Guadiana e, sobre todo, do Guadalquivir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Frade capuchino. Predicou por toda a Península, especialmente por terras andaluzas, e foi beatificado por León XIII no 1894. Escribiu numerosos sermóns, opúsculos e estudios ascéticos e morais; entre eles, cómpre destacar Afectos de un pecador arrepentido (1776) ou El soldado católico en guerra de religión (1794). Na iconografía represéntase como un ancián de longas barbas brancas, vestido co hábito dos capuchinos e cunha cruz na man. A súa festividade celébrase o 24 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode encher ou cubrir de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO