"Córico" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Rei de Arcadia. A lenda conta que os seus fillos, Plexipo e Éneto, foron os verdadeiros descubridores da arte da loita. Non obstante , cando a irmá de ambos os mozos, Palestra, lle contou a novidade ao seu amante Mercurio (Hermes), este non tardou en perfeccionar a loita e presentarse como o seu inventor. Córico, daquela, reprochoulles aos seus fillos que non se tiveran vingado de Mercurio; así, un día que o atoparon durmindo no monte Cleno, cortáronlle as mans. Zeus, como castigo, esfolou a Córico e fixo unha pelella coa súa pel. Hermes deulle á nova arte o nome da súa amada Palestra (en grego παλαίστρα ‘loita’).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos organismos en que os gametos, masculinos e femininos, se separan en individuos diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO