"CISC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 605.

  • PERSOEIRO

    Figura medular do Estado Maior do Exército da Mancha durante a guerra contra Napoleón, en 1808 destacou na Batalla de Bailén. En 1809 negouse a pactar cos negociadores napoleónicos. Logo do seu retiro en Cádiz, foi nomeado Mariscal de Campo. En 1812 organizou o Exército de Galicia. Ao regresar Fernando VII ao poder (1814), foi nomeado Tenente Xeneral e Inspector das tropas destinadas a conter os procesos independentistas das colonias americanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escultor tudense do século XVIII moi activo como retablista na diócese de Tui. Destaca a súa traza do retablo de San Vicente de Soutelo (Salceda de Caselas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prateiro asentado en Mondoñedo. No ano 1739 fixo una lámpada de prata de cinco luces para a capela Maior de Mondoñedo e varias pezas litúrxicas para o cabido catedralicio mindoniense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor de Teoloxía na Orde dos Agostiños de Salamanca, onde ingresara moi novo. Atribúeselle a autoría de numerosas obras e tense constancia da publicación da obra Catecismo de los misterios de la fe, con la exposición del símbolo de los santos Apóstoles e a tradución, xunto con Sáa de Miranda, dos Sermones de Francisco Fernández Galván.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do latín Acisculus. Este nome aparece xa en Boecio co significado de ‘martelo de pedreiro’. Probablemente na súa orixe foi un alcume de profesión que despois de referirse ao oficio de canteiro pasaría a nome gremial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acisclo Manzano Freire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir cristián venerado xuntamente coa súa suposta irmá Victoria, coa que morreu decapitado. Unha parte das súas reliquias venéranse en Breda. A tradición galega faino irmán dos sete irmáns galaicos de santa Eufemia. Acisclo, un dos santos máis antigos no culto hispánico, é titular das parroquias de Gullade (Monforte de Lemos) e Valadouro (Foz). A súa festa celébrase o 17 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta de formación neoclásica, moi influído polo romanticismo, que inicia a tradición literaria do Uruguai. Foi autor do himno nacional, do Diario del sitio de Montevideo (1842), de carácter patriótico, e de La Malambrunada (1842), poema satírico e burlesco. Influíu na produción literaria de José María Riguera Montero, escritor galego que imitou algúns dos seus versos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Realizou o retablo da capela maior da igrexa parroquial de Salta (Vimianzo) e a imaxe da Virxe situada no altar maior desa mesma igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico formado no Colexio de Santiago Alfeo, onde desenvolveu a súa actividade como profesor da Universidade ata que en 1658 acada o cargo de Rector da mesma. En 1668 abandonou Galicia para facerse cargo do Bispado de Guadalajara (México) primeiro, e no ano 1677 de Mechoacán. Catro anos máis tarde converteuse en Arcebispo da capital, México, onde fundou o Colexio San Miguel, un hospital e outras institucións docentes e benéficas. A súa caridade e a atribución de certos prodixios entre os fieis, convertérono nunha persoa moi valorada en México, mesmo tendo solicitada a súa beatificación o cabido mexicano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriota cubano. Líder dos cubanos que no ano 1868 proxectaron a revolta contra a dominación española. Vicepresidente da República (1869) e lugartenente das guerrillas, levou a cabo xestións no estranxeiro para obter financiación e apoio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático, lexicógrafo e bibliófilo vasco. Foi autor dun dicionario éuscaro-castelán, publicado postumamente, o Euskeratikerderara biurtzeco itzteguia (1884) e de diversos estudios gramaticais, principalmente sobre o verbo en éuscaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escribiu a comedia Aínda vive, en dous actos, estreada na Coruña no 1923.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e tradutor. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Barcelona en 1953, foi director da Escola de Turismo da Coruña e colaborou en La Voz de Galicia, Atlántida, Vida Gallega e El Ideal Gallego. No 1954 obtivo o Premio Nadal con La muerte le sienta bien a Villalobos; no 1957 o Premio Hércules de Prata do Teatro Nuevo da Coruña con La herida en la mano, e o Premio da Asociación de Prensa de Ourense. Trasladouse a Roma en xullo do 1972 onde publicou Antología de la Literatura Española (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso pertencente á Orde franciscana. Estudiou en Salamanca e foi un dos comisarios que participou na reforma gregoriana do calendario. Entre as súas obras destacan El Tratado del Juego (Salamanca, 1558) e Confesionario (Salamanca, 1572).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o divino (? 1537 - El Ksar-el-Kébir, Marrocos 1578) Militar e poeta en castelán. A súa produción poética está composta de poemas bélicos, amorosos e relixiosos. É especialmente coñecido polo poema en forma de epístola titulado “Carta para Arias Montano”, sobre o amor a Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano e profesor, especialista en Filosofía. Despois da súa estadía en América (1933-1935) foi elixido, entre outros cargos, vicerrector do Colexio de Santiago (1936-1938), ministro provincial (1941-1943), Bispo Titular de Fussala e coadxutor en Marrocos (1947), vicario apostólico de Tánxer (1949) e logo Arcebispo desta cidade, na que publicou no 1961 Misión Franciscano-Española de Marruecos: Cien años de acción (1860-1959) e varios artigos sobre temas filosóficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante e primeiro Vicerrei das Indias Portuguesas. Pertencía á familia Abrantes. No 1505 sucedeu a Tristán da Cunha como Gobernador das Indias. Estableceu a súa capital en Cochin e asumiu, sen a preceptiva autorización real, o título de Vicerrei. Substituído no cargo por Albuquerque, morreu a mans dos hotentotes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de arquitectura e escultura. No ano 1720 contratou dous retablos para os altares laterais da igrexa de San Mamede de Zamáns (Vigo) así como outros dous para os muros da nave do templo. Realizou o retablo relicario da capela de San Telmo da Catedral de Tui (1735).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, narrador e xornalista, vencellado profesionalmente ao mundo editorial en Edicións Xerais de Galicia. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Acadou en 1990 o Premio Curuxa Literaria do Museo do Humor de Fene polo relato “O mañá depende de nós”. Tamén o Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil no 2009, por A araña e mais eu, Premio Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia no 2012, por A punta de pistola ou Premio ao mellor proxecto literario na rede na I Gala do Libro Galego en 2016, por Poétic@.gal. Participou en diversas antoloxías poéticas. O seu primeiro libro de poemas individual é Persianas, pedramol e outros nervios (1992); posteriormente publica A lúa no...

    VER O DETALLE DO TERMO