"CY" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 139.
-
PERSOEIRO
Estadista norteamericano, fillo de John Adams. Graduado en Leis (1790), Embaixador na Haia e en Berlín contra o 1800, senador (1803-1808) e Embaixador en San Petersburgo (1809-1811) e en Londres (1815-1817). O Presidente Monroe nomeouno Secretario de Estado (1817-1825) e foi o teórico da denominada doutrina Monroe. A adquisición de Florida (1819) e de Luisiana e o recoñecemento da independencia das antigas colonias españolas (1822) foron os froitos do seu panamericanismo. Destacado abolicionita, o Partido Demócrata levouno á presidencia dos EE UU (1825-1829).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político zairés. Foi un dos fundadores (1958) do Mouvement National Congolais (MNC). Rompeu co seu presidente, P. Lumumba, no 1959 situándose na á moderada do movemento. Ministro de Interior (1960-1961) e Primeiro Ministro (1961-1964), conseguiu a disolución do goberno rebelde de Stanleyville. Abandonou o país ao subir Tshombe ao poder (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado por mandato da Foreign Assistance Act (Lei de Auxilio Exterior) no ano 1961 como filial do Departamento de Estado norteamericano para administrar a axuda económica exterior dos EE UU.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos da familia dos bolbitiáceos, de cogomelos de sombreiro carnoso con láminas e esporas da cor do tabaco e pé con anel presente só ás veces. En Galicia son frecuentes A. cylindrácea sobre troncos de árbores caducifolias e A. praecox do que aparecen os cogomelos en prados na primavera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa norteamericana fundada en 1908, dedicada á obtención de cianamida cálcica e, dende 1916, á fabricación de produtos químicos derivados. Situada nas cataratas do Niágara, utiliza a súa forza motriz como fonte de enerxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas pertencentes á familia das asteráceas, de follas recortadas, flores en capítulos, de lígulas brancas ou amarelas e froito en aquenio, plano e alado. En Galicia pódese atopar de forma naturalizada A. radiatus e de forma espontánea A. clavatus en terreos incultos da Coruña e Ourense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de nemátodos ao que pertence o anquilostoma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de moluscos de auga doce da subclase dos pulmonados, de cuncha moi fina con forma semellante a unha lapa que non supera os 5 mm. Viven fixadas a pedras ou outras superficies lisas, preferentemente en augas correntes.
-
CAPITAIS
Capital do departamento da Alta Savoia, na rexión administrativa de Ródano-Alpes, Francia, a carón do lago Annency (49.644 h [1990]). Centro industrial e turístico. A cidade, de aspecto medieval e atravesada por canais, está presidida polo castelo dos condes de Xenebra, edificado durante os ss XII ao XIV. Annency converteuse no s X na capital do condado de Genevois ata que foi cedida a Savoia no 1401. Cando a reforma triunfa en Xenebra converteuse en Sé do Bispado de Xenebra (1535-1801). No 1860 foi anexionada a Francia xuntamente con Savoia. Ten a Catedral de San Francisco (s XVI).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oscilación climática tépeda que ten lugar nos comezos do Würm III (31.500-30.000 BP).
-
PERSOEIRO
Conde d’Arcy. Físico francés de orixe irlandesa. Foi membro da Académie des Sciences e publicou traballos sobre balística e mecánica celeste, da que fixo unha primeira formulación do principio da conservación do impulso. Construíu máquinas hidráulicas e o electrómetro, primeiro aparato que medía forzas eléctricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ucraíno en lingua rusa. Un dos máximos representantes da literatura decadente, tratou temas escabrosos sobre todo na novela Sanin (1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos da división dos ximnomicotos con pequenos corpos frutíferos que aparecen sobre a madeira morta. En Galicia están presentes as especies A. ferrugines, A. incarnata, A. nutans e A. versicolo.
-
PERSOEIRO
Político. Despois da capitulación de Polonia trala invasión de tropas da Alemaña nazi (1939), quedou como cabeza do Partido Socialista e da resistencia polaca durante a Segunda Guerra Mundial. Foi Presidente do goberno polaco no exilio en Londres (1944-1947), dende o que se opuxo ao Comité de Liberación Nacional, dirixido por Lublin, de tendencia soviética.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista polaco. Doutor en Filosofía pola Universidade de Leipzig, entre 1870 e 1913 foi profesor sucesivamente en Petersburgo, Kazan’, Dorpat e Cracovia. En 1918, unha vez acadada a independencia de Polonia, foi nomeado profesor en Varsovia. A súa primeira lección inaugural en Petersburgo (1870) constituíu un esbozo da fonoloxía, máis en particular da morfofonoloxía. O seu mellor momento creador foi a época de Kazan’, ao redor do ano 1880, cando lle servía de estímulo a colaboración mantida con Mikolaj Kruszewski. Influíu sobre Saussure grazas ao seu Versuch einer Theorie phonetischer Alternationen (Ensaio dunha teoría das alternancias fonéticas, 1895) e o seu ensino foi o núcleo formador da chamada Escola de Petersburgo. Publicou tamén un estudo sobre os dialectos do Friul en 1875. Determinou as diferencias entre dúas fonéticas descritivas distintas, o estudo dos sons como fenómenos físicos, a Fonética, e o estudo dos signos empregados por unha mesma comunidade lingüística ou...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Moldavia, situada na beira do Reut, na conca do Dniéster (164.900 h [1991]). É un importante nó de comunicacións. A actividade industrial baséase nos recursos agrícolas do seu territorio (aceite, viño, etc). Fundada no s XV, é un importante centro cultural. Está equipada con escola politécnica e de medicina; dispón tamén de diversos teatros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de sectas nas que se dividiron os fieis da antiga Igrexa Ortodoxa rusa. Rexeitan os sacerdotes e non aceptan as reformas litúrxicas realizadas polo patriarca Nikon (1652-1667).
-
PERSOEIRO
Físico e filósofo estadounidense. Estudiou na Universidade de Harvard, onde foi profesor de matemáticas e de filosofía natural dende 1926. A súa carreira como investigador centrouse nos efectos das altas presións sobre a materia. Tamén contribuíu ao avance da cristalografía e abriu o camiño para a obtención de diamantes artificiais, que conseguiu no 1955 nos laboratorios da General Electric. No 1946 acadou o Premio Nobel de Física pola invención do aparello para producir presións extremadamente altas, amais doutros descubrimentos que realizou vinculados a este eido. Entre as súas obras cómpre destacar The Logic of Modern Physics (A lóxica da Física moderna, 1927), The Physics of High Pressure (A Física de altas presións, 1931), The Nature of Physical Theory (A natureza da teoría física, 1936), The Nature of Thermodynamics (A natureza da Termodinámica, 1941) e Reflections of a Physicist (Reflexións dun físico, 1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor flamengo. Entre as súas novelas destaca Het recht van den sterkste (O dereito do máis forte, 1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos da familia das tricolomatáceas, de cogomelos illados e xeralmente de cor branca. En Galicia está presente a especie C. gambosa, propia de terreos calcarios, que se caracteriza por ter un cogomelo de ata 13 cm de altura, convexo, de láminas apertadas e intenso cheiro a fariña acabada de moer. Foi empregada como substituto da insulina en casos de diabete e é moi apreciada como cogomelo comestible.