"Cabeza de Vaca" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ourense baixo a advocación de san Bieito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe oriúnda de Andalucía, estendida por toda a Península, que entroncou con moitas familias nobres galegas. As súas armas levan escudo axadrezado de quince pezas, oito de ouro e sete de goles; bordo de azul con seis cabezas de vaca, de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Álvar Núñez Cabeza de Vaca

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador e conquistador. En 1527 realizou a primeira expedición a Florida e chegou ata a costa do golfo de California e Tenochtitlán. En 1540 organizou unha nova expedición ao río Paraná como capitán xeneral, gobernador e adiantado do Río de La Plata. Chegou á illa de Santa Catalina (Brasil), desde onde emprendeu unha expedición á cidade de Asunción, en Paraguay. Fundou Puerto de los Reyes (1543), e en 1544, por mor dunha revolta, foi destituído e encarcerado. Filipe II indultouno e nomeouno membro do consulado de Sevilla. Escribiu Naufragio de Alvar Núñez Cabeza de Vaca y relación a la jornada que hizo a la Florida con el adelantado Pánfilo de Narváez, coñecido como Naufragios (1542), e Relación y Comentarios de lo acaecido en las dos jornadas que hizo a las Indias (1555).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e actor cinematográfico, marqués de Castellbell e grande de España. En 1950 marchou a Francia pola súa oposición ao Franquismo, aínda que o defendera na Guerra Civil. Iniciou un ciclo de obras que trataban os problemas da sociedade en España coa novela Les Ramblas finissent à la mer (1953). Continuou coas crónicas que criticaban a alta sociedade e publicou algúns libros de memorias, como La nostalgia es un error (1980) e La imprudente memoria (1985), e a biografía El Rey (1993), baseada nas conversas que mantivo con Xoán Carlos I. No eido cinematográfico colaborou en Les amants (1958), Breakfast at Tiffany’s (1961) e Sangre y arena (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO