"Calímaco" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
PERSOEIRO
Poeta e erudito en lingua grega. Exerceu de mestre en Eleusis e encargouse da ordenación da biblioteca de Alexandría. Froito deste labor foron as Pínakes (Táboas), uns catálogos de autores e obras. Escribiu sobre os temas máis diversos e está considerado como un dos autores máis destacados da literatura alexandrina. A súa poesía tentou desprenderse das formas poéticas tradicionais; na súa produción destacan Orixes, Hecale, A cabeleira de Berenice, Himnos e Epigramas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor grego. Atribúeselle a creación do capitel corintio, idea que xurdiu despois de contemplar cómo crecían as follas de acanto ao redor dun cesto que se atopaba sobre unha tumba. Non se conservan obras orixinais nin copias.
VER O DETALLE DO TERMO