"Calcídica" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Nomós de Grecia, en Macedonia (2.918 km2; 92.117 h [1991]). A capital é Polýgyros (5.239 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península de Macedonia, Grecia, no Mar Exeo, entre o golfo de Tesalónica e o golfo Estrimónico. Repartida administrativamente entre os nomoi de Tesalónica e de Calcídica. É unha rexión montañosa, proxectada cara ao S por tres penínsulas menos alongadas, antigas illas actualmente unidas ao continente: Casandria, Sinthonia e Athos. Rexión eminentemente agrícola, como centros urbanos destacan Tesalónica, Stavrós e Polýgyros. No s VIII a C foi colonizada por Calcis de Eubea, de quen recibe o nome. As colonias foron Potidea e Olintis, que constituíron parte da Confederación Ateniense e no s IV a C formaron unha liga autónoma. Filipe II de Macedonia conquistou toda a rexión.

    VER O DETALLE DO TERMO