"Canals" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado nun val entre as serras de Enguera e Montes, á beira do río Canyoles e atravesado polo río Santos (12.886 h [1996]). Na agricultura os principais cultivos son os cítricos, as oliveiras, a viña, os ervellos de Ceratonia e as amendoeiras, mentres que na industria destacan a fabricación de curtidos e de derivados agrícolas. Nos últimos anos adquiriu grande importancia o sector da construción e o da fabricación de cartón e de mobles. O clima presenta unha dobre variante, pois é temperado na parte máis baixa do municipio, e pasa a ser un pouco máis extremo nas zonas altas. Os seus edificios máis destacados son o mosteiro de Santa Clara, coa capela neogótica e a ermida do Crist del Calvari, de principios do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, economista e músico. Entre as súa produción literaria destacan o poema El cerco de Zamora por el rey D. Sancho II de Castilla e a peza teatral Castigo del cielo. Como economista publicou Manual de Hacienda Pública (1845) e no eido musical Álbum para guitarra (1849).

    VER O DETALLE DO TERMO