Conxunto de 228 poemas escritos na Idade Media, fundamentalmente en latín vulgar, con algúns fragmentos en alemán e francés antigo. Apareceron nun manuscrito de 112 folios en pergamiño, descuberto por Christoph Von Aretin na abadía beneditina de Benediktbeuern en 1803. A composición dos textos atribúese aos chamados goliardos, estudiantes errabundos, trobadores ou clérigos anónimos, que mantiñan unha actitude crítica con respecto á Igrexa oficial e ao poder establecido do seu tempo. Constitúen unha exaltación da natureza, do amor, das alegrías da taberna e da vida libre, que propón unha concepción epicúrea da existencia, na liña do tópico do carpe diem. Ademais, conteñen unha crítica burlesca dos costumes do clero, acompañada dunha corrente subxacente de protesta contra o destino aciago que agarda a quen non se adapta aos ditados da sociedade. Os poemas pódense clasificar en tres grandes grupos: poemas satírico-morais, concibidos como unha crítica contra a autoridade e os seus...
Cantata composta polo músico alemán Carl Orff en 1937, baseada na colección de poemas Carmina Burana. É unha obra pensada para cantantes solistas, coro e orquestra. O coro disponse en tres grupos, un coro grande, outro pequeno e un terceiro formado por nenos. A parte instrumental corresponde a unha orquestra aumentada por dous pianos, cinco timbais e unha ampla sección de percusión. Existe tamén unha versión escénica con baile e pantomima. As melodías que acompañan a métrica latina dos poemas consisten en estrofas claramente delineadas, que se repiten a miúdo cun crescendo. Sostéñenas ritmos impulsivos, co emprego frecuente de figuras ostinatas. Finalmente, os vinte e tres poemas escollidos organízanse en tres partes: “En primavera”, “Na taberna” e “A corte do amor”, aos que precede unha invocación á “Fortuna, Emperatriz do mundo”, que se repite ao final, dándolle un carácter circular á composición. Existe unha tradución ao galego dos textos seleccionados por...