"Caselas" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • RIOS

    Río afluente do Miño pola dereita. Nace na vertente oriental da serra do Galleiro, na parroquia da Picoña, concello de Salceda de Caselas. O seu curso, situado sobre unha falla, adopta unha dirección N-S, coa que atravesa as parroquias de San Xurxo de Salceda e Santa María de Salceda. Penetra na parroquia de Cabreira, concello de Salvaterra de Miño, e prosegue polo límite entre este concello, pola parroquia de Arantei, o concello de Salceda de Caselas, na parroquia de Entenza, e o concello de Tui, na parroquia de Caldelas de Tui, onde desemboca, despois dun percorrido duns 11 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Vigo, situado no S da provincia de Pontevedra, no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N con Ponteareas (comarca do Condado), ao S con Tui (comarca do Baixo Miño), ao L con Salvaterra de Miño (comarca do Condado) e ao O co Porriño (comarca de Vigo). Abrangue unha superficie de 35,9 km 2 cunha poboación de 7.686 h (2007), distribuída nas parroquias de Entenza, Parderrubias, A Picoña, San Xurxo de Salceda, Santa María de Salceda, Santo Estevo de Budiño e Soutelo. A súa capital é a vila da Esfarrapada, situada a 42° 06’ 06’’ de latitude N e 8° 33’ 23’’ de lonxitude O, que dista 45 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Tui-Vigo e ao partido xudicial do Porriño.
    Xeografía física
    O relevo de Salceda de Caselas non presenta demasiados contrastes, agás o extremo setentrional onde se sitúan as maiores alturas, no límite co concello do Porriño. As unidades de relevo posúen unha dirección xeral N-S paralelas á...

    VER O DETALLE DO TERMO