"Cendón" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Apelido que ten a súa orixe nun antropónimo en función patronímica ou nun topónimo homónimo. Tanto o topónimo como o patronímico remiten ao prenome de orixe xermánica Cendone, voz derivada do gótico *kind- ‘descendencia, estirpe’. O prenome Cendone ou as súas variantes (Cendone, Cedon, Zendo, etc) documéntanse moi cedo na Idade Media en textos latinos: “Cindon” (doc ano 959 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol I, 1976, p 530). O nome de lugar ten a súa orixe nunha villa cendoni, atestada xa no s XIII. Como apelido documéntase no s X: “Fromaricus Cendoni” (doc ano 885 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 308), “Petro Cendon” (doc ano 1140 en Manuel Lucas Álvarez, “La colección diplomática del Monasterio de San Lorenzo de Carboeiro”, Compostellanum II, 2, 1958, p 291).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. En 1689 encargouse da realización das imaxes de san Domingos, san Bieito, santo Agostiño, san Xacinto, san Ignacio de Loyola e san Pedro Nolasco, fundadores das ordes relixiosas que existían naqueles momentos en Santiago de Compostela. Estiveron inicialmente nun retablo trazado por Domingo de Andrade na igrexa de San Domingos de Bonaval que se trasladou á igrexa parroquial de Carril e, posteriormente, ás dependencias do antigo convento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiadora da arte. Doutora en Historia da Arte Antiga e Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela (1995), ampliou estudios en Estrasburgo, París e Perugia. Profesora de historia da arte na facultade de Xeografía e Historia dende 1994, especializouse no estudo da iconografía da morte na escultura funeraria do medievo galego. Realizou traballos de investigación relacionados coa diocese de Tui-Vigo, como a confección do seu inventario mobiliario litúrxico e o estudo histórico e estrutural da catedral tudense. Colaborou, entre outras publicacións en Tuy. Museo y Archivo histórico diocesano, Museo de Pontevedra, Cuadernos de Estudios Gallegos e Archivo Español de Arte. Dirixiu a colección de historia da arte da Fundación Cultural Rutas do Románico. Foi coautora, entre outras obras, de A comarca do Deza (1998), Pola beira do Miño en Galicia e Portugal (1999) e Arte y poder en la Galicia de los Trastámara: la provincia de La Coruña (2000). Entre as súas obras destacan La catedral...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e caricaturista. Desenvolveu a súa curta carreira artística en Madrid, onde coñeceu, entre outros, a Manuel Murgía, Serafín Avendaño e Federico Ruiz. Realizou paisaxes e retratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Técnico de son e iluminación. Coñecido como Paco de Pink, con Teatro Antroido participou no espectáculo Romance dos figos de ouro (1983). Foi xefe do equipo técnico do Centro Dramático Galego e director técnico da peza teatral O incerto señor don Hamlet. Ademais colaborou nalgún dos espectáculos de Teatro Artello e do ballet Rey de Viana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado, empresario e político. En Ourense foi membro da Confederación de Empresarios e tenente de alcalde. Foi deputado no Parlamento galego por Alianza Popular (1981-1985) e por Coalición Popular (1985-1989) e conselleiro de Turismo, Xuventude e Deportes (1981-1985) e de Presidencia (1985-1987).

    VER O DETALLE DO TERMO