"Cesena" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Forlì na Emilia-Romagna, Italia, situada á beira do río Savio (89.393 h [1997]). É un destacado núcleo industrial. Municipio romano (Caesena), estivo baixo dominio bizantino. Incorporada ás posesións da Igrexa no s X, converteuse en cidade libre no s XI. En 1379 pasou ao poder dos Malatesta. Novamente, formou parte dos Estados Pontificios dende 1466 ata 1859.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Emilia-Romaña, Italia (2.377 km2; 355.411 h [2000]). A súa capital é Forlì. Recibiu esta denominación dende 1993 cando Rímini formou provincia propia.