"Colmelo" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Liñaxe natural de Lubre, no concello de Bergondo. As súas armas traen, en campo de prata, unha banda de ouro perfilada de goles, e engulida en cabezas de dragóns de sinople; bordo de goles, coa salutación “Ave María”, en letras de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. En 1589, como capitán das sete compañías de milicias das Mariñas de Betanzos, participou na defensa da Coruña fronte á invasión inglesa dirixida por Morris e Drake. En 1599 foi chamado polo conde de Caracena para defender A Coruña doutra invasión inglesa; nesta ocasión acudiu como capitán das milicias de Betanzos, dos Freires e de Bergondo.

    VER O DETALLE DO TERMO