"Concord" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 25.

  • Acordo asinado en Alcañiz polos delegados dos parlamentos catalán e aragonés, polo que deixaban a cuestión da sucesión en mans duns xuíces ou compromisarios. Este pacto preparou o Compromiso de Caspe (1412).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado o 17 de agosto de 1077 entre Diego Páez, bispo de Compostela, e Faxildo, abade do mosteiro de Antealtares. A Concordia de Antealtares constitúe un documento de especial riqueza informativa: por unha banda é o máis antigo documento coñecido sobre o martirio do Apóstolo Santiago. Contén información sobre a traslatio do seu corpo desde o porto de Ioppe, a descuberta do sepulcro polo anacoreta Paio e a construción da primitiva Igrexa de Santiago polo Rei Afonso II. Pola outra banda, ofrece valiosos datos sobre a construción románica da catedral e sobre a primitiva disposición do Mosteiro de Antealtares, así como da situación e número de construcións da Compostela do momento. Por último, a Concordia fixa por escrito os novos termos para delimitar a superficie territorial do Mosteiro de Antealtares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de New Hampshire, EE UU, drenado polo río Merrimack, ao SO de Portland (37.021 h [1996]). O comercio é a súa principal actividade económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode concordar con outra cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á persoa que pon concordia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de concordar.

      2. Estado de conformidade ou de correspondencia entre dúas ou máis cousas que concordan.

      3. concordancia dos evanxeos

        Confrontación das pasaxes relativas a un mesmo feito nos catro evanxeos.

      1. Orde alfabética de todas as palabras da Biblia (hebrea, grega ou Vulgata), con citas dos lugares onde aparecen. Este método aplicouse a diversas traducións da Biblia e doutras obras.

      2. Índice alfabético que mostra os lugares dun texto nos que se pode atopar cada palabra principal e que se pon ao final do mesmo.

      1. Fenómeno polo que dous ou máis elementos dunha lingua presentan algunhas características gramaticais comúns. Estas características comúns poden referirse, segundo os elementos relacionados, ao xénero, ao número ou á persoa e chámanse accidentes gramaticais. O substantivo, o adxectivo, o artigo e o pronome manifestan a concordancia a través dos morfemas de xénero e número (

      2. concordancia temporal

        consecutio temporum.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que concorda.

    2. Aplícase aos extractos que, pregados ou non, presentan concordancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estar de acordo en algo dúas ou máis persoas.

      2. Ter algo en común dúas cousas ou seres equivalentes.

    1. Ter dúas ou máis palabras concordancia entre elas.

    2. Poñer de acordo a dúas ou máis persoas ou cousas.

    3. Resolver unha cousa ou convir algo diferentes persoas.

    4. Facer que haxa concordancia entre dúas ou máis palabras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo bilateral entre a Santa Sé e un estado, que ten como finalidade a regulamentación das actividades eclesiásticas que se desenvolven no territorio estatal e a resolución dos conflitos que xurdan eventualmente entre a potestade eclesiástica e a civil. Ten a natureza xurídica de tratado internacional e considérase como fonte do dereito. Na Idade Media recibían o nome de concordato toda clase de convencións entre os bispos e os poderes laicos ou os mosteiros; o novo significado adoptouse no Concilio de Constanza (1414-1418). Poden ser pontificios ou episcopais segundo sexa o papa ou un bispo o asinante do acordo. A súa validez pode ser temporal ou perpetua. Tratan asuntos de carácter económico ou referentes ás actividades propias da Igrexa aínda que, en xeral, os acordos acadados se refiren a cuestións de carácter mixto como o ensino, a lexislación matrimonial ou os delitos que atinxen aos ámbitos civil e eclesiástico. Os concordatos poden asinarse tanto para afianzar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertence a un concordato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está de acordo no que se pensa ou sente ou nos actos que se queren realizar. OBS: Constrúese cun complemento coa preposición con, ou sen complemento, referido a un nome en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avión supersónico comercial fabricado entre Francia e o Reino Unido que realiza viaxes transoceánicas. Con capacidade para 100 pasaxeiros, ten un peso máximo de 181 toneladas. En 1962 as empresas francesas Sud-Aviation e SNECMA, xunto ás británicas British Aircraft Corporation e Bristol Siddeley, iniciaron o proceso de fabricación que culminou en 1969 co seu primeiro voo. Ao ano seguinte   o MACH 2 conseguiu duplicar a velocidade do son. Despois dunha serie de problemas técnicos, Air France e British Airways retomaron o proxecto en 1976. O 10 de xullo do ano 2000 sufriu o seu primeiro accidente no que faleceron 113 persoas e polo que cancelou as súas operacións de voo ata que no ano 2001, a British Airways decidiu reanudalas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de harmonía que resulta do acordo dos sentimentos, das ideas, etc, entre dúas ou máis persoas.

    2. Acordo legal por estipulación ou conveniencia entre dúas ou máis partes.

    3. Contrato polo que se perdoaban as pensións adeudadas nos censos. O caso máis coñecido foi o da chamada Concordia de Barcelona, asinada entre Palma de Mallorca e os seus acreedores censalistas barceloneses.

    4. Convenio bilateral entre a Santa Sé e os estados para a regulamentación das actividades eclesiásticas a desenvolver no territorio estatal e para a resolución dos conflitos que xurdan eventualmente entre a potestade eclesiástica e civil. Do mesmo xeito que o concordato, ten natureza xurídica de tratado internacional e considérase fonte do dereito.

    5. Instrumento xurídico autorizado que contén o tratado e o convido entre as partes en litixio.

    6. Intento de reconstrución unitaria cronolóxica dos evanxeos, que se demostrou inviable pola crítica histórica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Entre Ríos, Arxentina, situada á beira do río Uruguay (116.485 h [1991]). É un importante centro de comercio e comunicacións. O cultivo de cítricos e a gandería ovina e bovina son tamén elementos fundamentais da súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento que trata os puntos máis controvertidos das doutrinas luteranas, asinado en 1577 como confesión de fe, para manter a unidade dentro do luteranismo. Publicado en 1580 baixo o título de Libro da Concordia, considerouse como a carta relixiosa da maioría das igrexas luteranas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro xornal publicado en Vigo que apareceu en maio de 1873. Subtitulado “Periódico de comercio y de intereses generales”, dividíase nas seccións “Editorial”, “Comentarios y Noticias”, “Variedades”, “Gacetillas” e “Sección Comercial”. Miguel Fernández Dios fundou e dirixiu este bisemanario de tendencia liberal, representante do agrarismo, que incluía textos de diversos autores estranxeiros e colaboracións de Benito Vicetto, Neira Cancela, Francisco Añón e Teodosio Vesteiro. A comezos de 1878 comeza a saír diariamente, dirixido por Eudoro Fernández e Miguel Fernández Lema e subtitulado “Primer diario de Vigo”. Centrado nos problemas da localidade dende unha postura política moderada e construtiva, contou coas colaboracións de Concepción Arenal, Manuel Lustres, Luís Amado Carballo e Cid Ermida. Publicou a escolma de poesía Poesías Varias, de Francisco Añón, precedida dun artigo necrolóxico e de relatos de Castelao. A comezos de 1881, os seus directores xunto cos do Faro de...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Romper a concordia ou a harmonía.

    2. Estar en desacordo con algo ou con alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non está de acordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de concordia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo ao que chegaron a Santa Sé e España en 1640 polo que se restableceron as actividades do nuncio apostólico en Madrid, tralo peche da nunciatura e a retención das bulas pontificias que ordenou Filipe IV un ano antes.

    VER O DETALLE DO TERMO