"Constant" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 98.
-
PERSOEIRO
Patriarca de Constantinopla (471-489) que promoveu o cisma acaciano na Igrexa de Oriente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Coeficiente introducido polo farmacéutico alsaciano León Ambard que permite establecer unha relación entre a cantidade de urea no sangue dun paciente e a eliminada polos ouriños. O seu valor diagnóstico foi moi discutido.
-
PERSOEIRO
Doutor en Dereito e en Teoloxía no Seminario Compostelán. Foi ordenado sacerdote en 1884. Desde o diario compostelán El Libredón combateu a democracia e o sistema parlamentario. Entre as súas obras podemos citar: Examen crítico de las nuevas escuelas de Derecho penal (1899), Naturaleza y origen histórico del Derecho de castigar (1902), que foi a súa tese de doutoramento, Las personas responsables de los delitos y faltas según la Legislación española (Santiago de Compostela, 1914) ou El impuesto municipal en los pueblos rurales (1919). En lingua galega presentou aos Xogos Florais de Betanzos o seu estudo Eisixenzas ferroviarias de Galicia y-a necesidade de resolver iste problema, que foi recollido nun volume titulado Xogos Frorais de Betanzos (1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e político. Fundou La Revista, un dos primeiros periódicos de Pontevedra e, en 1859, El Propagandista. Foi colaborador de numerosos xornais de corte progresista como El Progreso, La Voz del Pueblo e El Derecho. Fundou o Partido Republicano de Pontevedra. Máis tarde trasladouse a Madrid, onde escribiu artigos para varios xornais e traballou como redactor de La Capital de Pi i Margall. Militou no Partido Liberal de Sagasta e ocupou o cargo de gobernador civil en Ourense, Girona, Alacant, Córdoba e Donostia, ademais de deputado en varias lexislaturas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Constantinopla (1204-1205). Fillo de Balduíno V, conde de Hianaut, e de Margarita I, condesa de Flandres, reuniu ambos os dous condados en 1195. Loitou ao lado de Inglaterra contra Filipe II Augusto de Francia. Polo Tratado de Peronne (1200) obtivo do Rei francés a retrocesión do nordeste do Artois. Foi un dos líderes da Cuarta Cruzada, que instaurou o Imperio Latino de Constantinopla, do que foi elixido Emperador grazas ao apoio de Venecia. Derrotado e feito preso polos búlgaros na Batalla de Adrianópolis (1205), probablemente foi executado por orde do Tsar búlgaro. Sucedeuno o seu irmán Enrico I.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Constantinopla (1228-1261). Fillo de Pedro II de Couternay, sucedeu ao seu irmán Roberto I; reinou asociado ao seu sogro Xoán de Brienne (morto en 1237). Tivo que facer fronte ás reivindicacións ao trono de Bizancio dos emperadores de Nicea: Xoán II Ducas Vatatzes, que conquistou Adrianópolis e Tesalónica, e Miguel VIII, que se apropiou de Constantinopla, de onde fuxiu Balduíno II. No ano 1267 concertou con Carlos de Nápoles o Tratado de Viterbo, a cambio da axuda para recuperar o Imperio perdido, cedeulle unha parte do Imperio e concertou a voda do seu fillo e herdeiro, Filipe de Courtenay, con Beatriz de Nápoles (estipulábase que se Filipe morría sen fillos, os seus dereitos revertían no pai desta, Carlos I).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e sociólogo. Estudiou Dereito na Universidade de Madrid. Participou na fundación da Escola de Criminoloxía (1903), da que foi catedrático. Traballou no Instituto de Reformas Sociais e foi enviado a Galicia en 1921 para estudar os foros agrarios. En 1931 foi nomeado membro da comisión encargada de estudar a reforma agraria e xefe do servizo de Política Agraria do ministerio de Traballo. Exiliado en 1939 en Hispanoamérica, foi profesor nas universidades de La Habana, Santo Domingo e México. Entre as súas obras destacan: Acerca del delito y la pena (1904), Nuevas teorías de la criminalidad (1918), Derechos sociales de los campesinos (1918), El problema de los foros en el Noroeste de España (1923), Derecho social (1932), Criminalidad del campo andaluz: el bandolerismo (1934) e El bandolerismo en España y México (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Constante fundamental da Física, de grande importancia en mecánica estatística. É o resultado do cociente entre a constante dos gases R e o número de Avogadro N<J>A</J>:k = R/N<J>A</J>, e o seu valor é k = 1,380662·10-23 J·K-1.
-
PERSOEIRO
Escultor de orixe romanesa. Pertenceu á escola de París. Logo dun período de iniciación en Bucarest (1887) e París (1906), liberouse de todo tipo de academicismo grazas á influencia de Auguste Rodin quen o invitou a traballar con el en 1906. Decidiu seguir traballando sobre unha liña estética relacionada co Cubismo e coa obra de Amadeo Modigliani, influída polas concepcións relixiosas budistas. Consistía nunha vontade de concisión e redución dos volumes a tipos esenciais e arquetípicos que eran expresados en series modulares dunha gran forza expresiva. A súa obra relaciónase pola súa elementalidade e primitivismo coa arte africana e as culturas primitivas. A partir de 1906 comezou a participar en exposicións. Entre as súas obras destacan Prometeo (1911), O bico (1908), Columna sen fin (1933) e O espírito de Buda (1933). En 1956 realizáronse exposicións retrospectivas da súa obra no Guggenheim Museum de Nova York e no Museum of Art de Philadelphia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Estivo preocupado sobre todo polos problemas do contraste estatístico das teorías. Insistiu no feito de que a política keynesiana conduciría inevitablemente á inflacción. No 1945 foi nomeado presidente do Banco de Roma; no 1947, director executivo do BIRD e, no 1953, ministro de Comercio en Italia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Profesor de radio e televisión na facultade de Ciencias da Comunicación na Universitat Autónoma de Barcelona. Iniciou o seu labor profesional en Radio Popular de Lugo, onde presentaba Galicia e a súa música, un dos primeiros programas emitidos integramente en lingua galega. De igual modo, traballou na SER, en Radio Peninsular de Barcelona, onde dirixía o programa La cuestión laboral, foi redactor de RNE-Catalunya, de RNE-Galicia e da TVE-Catalunya, xefe de informativos e programas de RNE-Galicia e colaborou con numerosos xornais e revistas de Galicia e Catalunya. Coordinou o proxecto Olympus de televisión educativa vía satélite da Universitat Autónoma de Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Foi arquitecto municipal de Santiago de Compostela e subdirector do Museo Nacional de Escultura de Valladolid, do que publicou unha guía en 1945.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Traballou no campo do cálculo de variacións, na teoría de funcións de variable complexa, en óptica xeométrica (construíu aparellos de proxección), en mecánica e en termodinámica para a que formulou o principio de Carathéodory. Foi pioneiro da axiomatización da teoría da medida e da teoría de campos, que considerou relacionada co cálculo diferencial en derivadas parciais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Da súa produción cómpre salientar Ciresarii (1956), Pasiuni (1964), Trilogia înalb (1966-1969) e Adîncimi (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patriarca ecuménico (596). Acolleu a viúva e os fillos do Emperador Mauricio, perseguidos a morte por Focas; como consecuencia, foi privado de moitos dos privilexios que lle outorgara o seu antecesor, sufriu persecución e foi asasinado. É venerado como santo polos ortodoxos e celébrase o 27 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Constant Nieuwenhuis.
-
PERSOEIRO
Escritor e político francés. Foi un dos principais teóricos do liberalismo constitucional. En 1830 apoiou a monarquía de xullo, xa que a consideraba a mellor solución constitucional posible. Posteriormente, foi presidente do Consello de Estado. Do seu pensamento destacan dous aspectos: a defensa da liberdade individual contra o despotismo da autoridade e das masas, e a defensa da monarquía parlamentaria cun monarca politicamente neutro. Escribiu, entre outras obras, Principios de política aplicables a todos os gobernos representativos (1815), Adolphe (1816), Cécile (1951) e Journal intime.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Especializouse nas escenas orientais, coloristas e nos retratos. Realizou os murais da Sorbonne, do Hôtel de Ville e da cúpula da Opéra-Comique, todos eles en París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra. Estudou no conservatorio de Bucarest e París, e ampliou a súa formación con Messiaen, Boulanger e Honegger. Formou parte do Group de Recherche de Musique Concrète e en 1963 fundou o grupo Ars Nova, dedicado á interpretación de música contemporánea. É autor, entre outras obras, de 24 Preludios (1958) para orquestra e das 14 Estacións (1970), obra para un percusionista.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do judeţ homónimo, Romanía, situada na rexión de Dobrutja, á beira do Mar Negro (342.394 h [estim 1999]). Constitúe un gran centro comercial e turístico. É o principal porto de Romanía, dende o que se exporta petróleo, cereais, derivados da madeira e alimentos preparados. Antiga colonia grega de Tomis, na época romana foi un establecemento militar de primeira importancia onde se exiliou e morreu Ovidio. No s IV reconstruíuna Constantino I o Grande, que lle deu o seu nome. Conquistada polos turcos no s XV, dende 1878 forma parte de Romanía.
VER O DETALLE DO TERMO