"Constante I" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • PERSOEIRO

    Emperador romano (337-350), fillo de Constantino I o Grande. Nomeado césar no 333, exerceu o seu poder sobre Italia, África, a Retia e parte das provincias ilíricas. Á morte do seu pai, foi proclamado emperador polo seu exército (337), igual que os seus irmáns, e conservou o control sobre os territorios que dominaba. Enfrontouse aos intentos de expansión do seu irmán Constantino II o Novo e derrotouno no 340, polo que, ao seu falecemento, recibiu Britania, as Galias e Hispania. Deposto por unha conspiración, executárono logo da súa fuxida. Crese que o mausoleo de Centcelles foi o seu sepulcro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (641-668), fillo do Emperador Constantino III. Sucedeu o seu pai no no trono, baixo a tutela do césar Valentín. Perdeu a provincia de Exipto fronte aos musulmáns (646) e loitou contra os nobres de Armenia (653) con certo éxito. Vencido nunha batalla naval polos musulmáns, aproveitou os enfrontamentos entre eles, froito do asasinato do califa Utman, e asinou a paz (659) coa que renunciaba á recuperación de Siria e Exipto. Emprendeu unha campaña en Italia (662), onde se enfrontou cos lombardos polo Benevento (663), e estableceu a súa residencia en Siracusa. Durante o seu goberno tentou unificar o Imperio e rematar coas loitas relixiosas, para o que prohibiu as discusións cristolóxicas. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO