"Cuscuta" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Xénero de herbáceas parasitas da familia das cuscutáceas que comprende unhas 150 especies. Non presentan raíces nin follas e os talos son moi finos e longos, as máis das veces, de cores vivas. Fíxanse ás plantas que serven de hospedería mediante haustorios que penetran nos tecidos da planta hóspede. A parte externa presenta un engrosamento de onde nace o filamento zugador. Ten unha distribución case que cosmopolita; en Europa está representado por unhas 25 especies, das que C. approximata, C. epithymum e C. europaea están presentes en Galicia. Tamén se denomina barbas de raposo ou gorgas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cuscutáceas.

    2. Herbácea parasita da familia das cuscutáceas.

    3. Familia de herbáceas parasitas da orde das solanais que só inclúe o xénero Cuscuta.

    VER O DETALLE DO TERMO