"Dagoberto" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Prenome masculino de orixe xermánica que procede da forma Dagberht ‘día brillante’, fórmula de bo agoiro, a través do francés Dagobert. Foi este un nome de prestixio entre os francos merovinxios que tiveron tres reis con este nome nos ss VII-VIII: Dagoberto I (577-639), fillo de Clotario II; o beato Dagoberto II o Mozo (?-679); e Dagoberto III (699?-715), fillo de Childerico II. A súa festividade celébrase o 9 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Austrasia (623-639), de Neustria (629-639), de Aquitania (631-639) e de Borgoña (634-639), fillo de Clotario II. Membro da dinastía dos francos merovinxios, gobernou en Austrasia baixo a tutela de Pipino de Landen e do bispo de Metz. Restituíu a unidade do regnum francorum á morte de Clotario, despois das sucesivas conquistas de Neustria, Aquitania e Borgoña e de impoñerse aos gascóns (637) e bretóns (638). Destacou polo seu labor na reforma institucional e económica. Dividiu o reino entre os seus fillos Sixeberto e Clodoveo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Austrasia (676-679), fillo de Sixeberto III. Membro da dinastía dos francos merovinxios, gobernou mediatizado polo mordomo do pazo, Grimoaldo. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Neustria e Borgoña (711-715), fillo de Childerico III. Gobernou tutelado por Pipino de Heristal.

    VER O DETALLE DO TERMO