"Despertad" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Periódico anarquista cun primeiro e único número que apareceu en Ferrol en setembro de 1926 e que, inmediatamente despois, foi suspendido pola censura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico anarcosindicalista, inicialmente saía cada dez días e, logo, dende o nº 7, semanal, editado en Vigo dende o 30 de marzo de 1928 ata finais do verán de 1930. Voceiro da cenetista Federación Regional Marítima, estivo a cargo de Eduardo Collado e Xosé Villaverde. Esta publicación serviu como punto de encontro da militancia libertaria nun intre no que a ilegalización da CNT na maioría do Estado español impedía a circulación normal da prensa confederal. De feito, o periódico contou co apoio e o financiamento do grupo Solidaridad, composto por coñecidos militantes establecidos en Catalunya e Levante e posicionados a prol do funcionamento legal do sindicato nas estreitas marxes da ditadura de Primo de Rivera. Nas súas páxinas, a carón de sinalados militantes galegos, como Marcial Villamor, Dalmacio Bragado, Claro Sendón, Eladio Díez e o propio Villaverde, figura unha nutrida representación de cadros foráneos da CNT, como Juan Peiró, Juan López, Ángel Pestaña, Isaac Puente e Federica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida o 10 de xaneiro de 1867 na Coruña e que cesou o 30 de decembro do mesmo ano. Dirixida por Darío García e Pantaleón Prieto, subtitulábase “Periódico de primera enseñanza de la provincia de La Coruña”. Saía tres veces ao mes e imprimíase nos obradoiros tipográficos de Eusebio Cascante. Contaba coas seccións “Editoriales”, “Rectorado”, “Junta Provincial e Inspección”, “Variedades” e “Correspondencia”. Incluía artigos referidos á mellora da calidade do ensino e das escolas, principalmente no que atinxía aos mestres e aos primeiros anos do ciclo formativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo fundado en 1921 por militantes anarcosindicalistas do S da provincia de Pontevedra, en que participaron cadros sindicais de Vigo, como J. Villaverde, ex-secretario da Federación Local de UGT, o tudense Severino Estévez, e o carpinteiro de Marín, Eduardo Collado. Dinamizador das actividades da Confederación en Tui, A Guarda, Marín e Vigo, o grupo editou un periódico de igual denominación que foi substituído en maio de 1922 polo voceiro dos sindicatos da provincia adheridos á CNT, Solidaridad Obrera.

    VER O DETALLE DO TERMO