"Diomedes" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo grego Dιομ ή δης, composto de Dιος (xenitivo de ϴ εός ‘Zeus’) e o verbo μεδες (de μέδω ‘protexer, meditar, gobernar’); xa que logo, ten o significado de ‘protexido de Zeus’ ou ‘entregado aos coidados de Zeus’. Na mitoloxía grega hai varios heroes que levan este nome, como o rei de Tracia e o príncipe de Argos que participou na Guerra de Troia. No santoral figura san Diomedes (ss III-IV), mártir durante a persecución de Diocleciano. A súa festividade celébrase o 16 de agosto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe etolio da Iliada, fillo de Tideo e Deípole. Como xefe dos etolios e príncipe de Argos participou na Guerra de Troia, onde protagonizou grandes xestas grazas á protección de Atenea, e na expedición dos epígonos contra Tebas. Nos relatos do ciclo troiano aparece como un bravo loitador e bo orador acompañando a Ulises na misións máis relevantes que lle encargaron a este.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rei de Tracia, fillo de Ares e Pirene. Tiña o costume de facer que as súas catro eguas devorasen os estranxeiros que acudían ao seu reino, ata que Heracles lle deu morte e ceibou as eguas.
-
PERSOEIRO
Gramático latino. Escribiu o tratado Ars grammatica (380? a C) que se divide en tres partes: a primeira trata de elementos da linguaxe; a segunda de cuestións gramaticais (acento, sílaba, letras, puntuación) e da expresión; e a terceira de cuestións métricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e mártir. Foi decapitado durante a persecución de Diocleciano no ano 304. A súa festividade celébrase o 16 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO