"Domiciano" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Antropónimo masculino procedente do latín Domitianus, de orixe discutida. Unha hipótese faino derivar de domus e dunha divindade que protexía a presenza da muller na casa do seu home. Tamén hai quen pensa que podería vir da voz domitus ‘rendido’, forma derivada do verbo domare ‘domar’. Con este nome figuran no santoral san Domiciano de Huy (s VI), bispo de Langres, e san Domiciano de Mitelene (s VII), bispo desta cidade de Capadocia. A súa festividade celébrase o 9 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (81-96). Fillo de Vespasiano, sucedeu o seu irmán Tito. Venceu os catos (83) e iniciou a construción dunha liña de fortificacións ao longo da fronteira romana, os Campos Decumanos, entre o Rin e o Danubio. Enfrontouse a Decébalo (86) e aos xermanos, e tivo que asinar un acordo de paz (89). No interior do Imperio emprendeu a reorganización e a centralización da administración e designou a membros da orde ecuestre para os principais cargos públicos. Loitou contra a corrupción dos gobernadores provinciais e legalizou a ocupación de terras. Para financiar os gastos do exército e a construción de grandes obras aumentou os impostos e promoveu a confiscación dos bens da aristocracia, que viu limitados os seus poderes no Senado. Acumulou os títulos de cónsul (82-88) e de censor perpetuo (85-96). A súa política de ataques e confiscacións á aristocracia provocou a revolta de Lucio Antonio Saturnino, lugartenente na Xermania Superior, durante a guerra na Dacia (89). Sufocou a revolta...

    VER O DETALLE DO TERMO