"Dono I" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PERSOEIRO

    Papa (676-678). Sucedeu a Adeodato. Reformou a administración da diocese romana e conseguiu rematar co cisma de Ravenna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Publicou a peza teatral O bufón. Alienación en dous anacos de sono (1979) e a obra De vivir (Noiturnio de pub. Caledonia. Santuarium) (1980), que recolle textos en verso e prosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Asturias e Galicia (850-866), fillo e sucesor de Ramiro I. Durante o seu reinado, o Reino de Asturias iniciou a expansión ao S da Cordilleira Cantábrica, polo val do Douro, e repoboou León, Tui e Astorga. En 858 rexeitou o ataque dos normandos ás costas galegas. Ocupou Coria e Salamanca, e ampliou o territorio polo L ata os montes de Oca. Foi derrotado polos musulmáns en Morcuera (865) e concedeu privilexios á igrexa compostelá. Sucedeuno o seu fillo Afonso III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Galicia (910-924) e de León (914-924), fillo de Afonso III de Asturias. Ao morrer o seu pai (910) recibiu o Reino de Galicia, e os seus irmáns García e Fruela, os de León e Asturias respectivamente. Aclamado rei de León á morte de García I (914), impuxo tamén a súa autoridade sobre Fruela. Aliado cos navarros, reconquistou diversas zonas de La Rioja. Impulsou a repoboación dos territorios do S de Galicia e realizou numerosas doazóns e concesións de privilexios á igrexa compostelá e outras institucións relixiosas, confirmando tamén as realizadas polo seu pai. Á súa morte sucedeuno o seu fillo Sancho I Ordóñez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de León e Galicia (951-956), fillo e sucesor de Ramiro II. Cara a 953 o seu medio irmán Sancho, axudado polos navarros e os casteláns, e dirixidos polo conde Fernán González, intentou destronalo, pero foron derrotados preto de León. Tivo que sufocar a rebelión de varios condes galegos que pretendían a creación dun reino independente en Galicia. Respondeu aos ataques dos musulmáns saqueando Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de León (958-960), fillo de Afonso IV ou de Afonso Froilaz. En oposición a Sancho I, monarca reinante, foi elixido rei pola nobreza leonesa rebelde a Sancho I e instigada por Fernán González de Castela. Derrotado polas tropas cordobesas que acompañaban a Sancho I e destronado, marchou a Córdoba, onde tentou negociar a axuda do califa, sen conseguilo.

    VER O DETALLE DO TERMO