"Dunkerque" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
CIDADES
Cidade do departamento de Nord, Francia, situada á beira do mar do Norte (70.331 h [1990]). A súa actividade económica xira ao redor do tráfico de mercadorías do seu porto. As principais industrias pertencen aos sectores téxtil, alimentario (aceites, cervexa e viño) e químico. Fundada, segundo a tradición, no s VII por santo Eloi, constituíu un porto estratéxico disputado por todas as potencias. Conquistada polo duque de Parma para a coroa española en 1583, durante o s XVII alternou como posesión española, inglesa e francesa, ata que en 1662 pasou a pertencer definitivamente á coroa de Francia. En 1940, durante a Segunda Guerra Mudial, foi o punto de evacuación das tropas aliadas. Do seu patrimonio cultural cómpre destacar as igrexas de Saint Eloi e de Notre Dame des Dunes, a Porte de la Marine e a Colonne de la Vitoire.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Dunkerque ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Dunkerque.
-