"Edith" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • PERSOEIRO

    Política francesa. Diplomada pola École des Hautes Études Commerciales e doutora en Demografía. Politicamente próxima a Mitterrand, formou parte do Comité Director do Parti Socialiste dende 1974 ata 1990. Foi ministra de Agricultura (1981-1983), Comercio Exterior e Turismo (1983-1984), Desenvolvemento Industrial e Comercio Exterior (1984-1986) e Asuntos Europeos (1988-1990). Entre 1991 e 1992 converteuse na primeira muller que ocupou o cargo de primeira ministra de Francia. Entre 1995 e 1999 foi membro da Comisión Europea encargada de ciencia, investigación e desenvolvemento, centro común de investigación, recursos humanos, educación, formación e xuventude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Edite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano suíza. Debutou en 1956 e distinguiuse polos seus papeis mozartianos e en óperas francesas. Formou parte da Deutsche Oper de Berlín, coa que fixo xiras por Rusia, Xapón e EEUU. Cultivou a oratoria e participou nos festivais de Salzburgo, Múnic e Glyndebourne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista inglés. Escritor dunha gran penetración psicolóxica e unha visión moi subxectiva da vida, iniciouse na poesía coa compilación Poems (1851), á que seguiron Modern Love (1862) e Ballads and Poems of Tragic Life (1887). Das novelas destacan The Ordeal of Richard Feverel (1859), Vittoria (1867) e Egoist (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Coreógrafa, bailarina e compositora peruana. Naturalizada estadounidense, formouse con M. Cunningham e M. Graham, e creou o seu primeiro grupo, The House (1968), para explorar as técnicas vocais. Da súa produción destacan os espectáculos Education of the Girlchild (1972), Turtle Dreams (1982), a composición Songs from the Hill (1979) e a ópera Atlas (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e actriz. De nome Édith Giovanna Gassion, foi descuberta por M. Chevalier e converteuse nunha célebre chansonneuse. Cun estilo lírico e roto, tras a Segunda Guerra Mundial foi a musa dos poetas e intelectuais do París da época. Das súas cancións, en que reflicte as traxedias da súa propia vida, cómpre destacar “Mon légionnaire”, “Non, je ne regrette rien”, “La vie en rose” e “Les amants de Paris”. Protagonizou algúns filmes (Étoile sans lumière, 1945) e recolleu a súa biografía no libro Au bal du chance.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Dos seus filmes destacan Romeo and Juliet (1936), Marie Antoinette (1938) e Her Cardboard Lover (1942). Gañou o Oscar á mellor actriz polo seu papel en The Divorcee (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora inglesa. A súa obra foi un intento constante de renovación, que reivindicou con Façade (1922). Denominou a súa poesía “Patterns and Sounds” e, movéndose dentro do simbolismo, outorgoulle un valor primordial á semántica, como en Gold Coast Customs (1929). Destacan os seus escritos referidos aos bombardeos da Segunda Guerra Mundial, Still Falls the Rain, Street Songs (1942) e The Shadow of Cain (1947). Publicou Fanfare for Elizabeth (1946), The English Eccentrics (1933) e a súa única novela I Live under a Black Sun (1937). Recibiu o título de Dame Commander (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa rusa. Escribiu en sueco e introduciu o expresionismo na literatura sueca. Destacan Dikter (Poemas, 1916), Septemberlyran (A lista de setembro, 1918) e Rosenaltaret (O altar de rosas, 1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico estadounidense. Foi o fundador e director do Instituto de Viroloxía da Universidade de California. Conseguiu cristalizar o virus do mosaico do tabaco (1935) e investigou e preparou unha vacina contra o virus da gripe. En 1946 recibiu, xunto con J. H. Northrop e J. B. Sumner, o Premio Nobel de Química, polos seus traballos sobre a preparación dos enzimas e das proteínas dos virus en forma pura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tareixa Benedita da Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >De nome Edith Newbold Jones, das súas novelas destacan, Ethan Frame (1911) The Age of Innocence (1920) e The Bucaneers (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO