"Epifanio" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Antropónimo masculino de orixe cristiá. Procede do grego Ἐ πι ϕ άνιος (composto de ἐ πί ‘sobre’ + ϕ αίνω ‘brillar, lucir, mostrarse’), a través do latín Epiphanius ‘manifestación’. Evoca a festa relixiosa da Epifanía que se celebra no Occidente cristián o 6 de xaneiro. Entre os santos que levaron este nome, destacan Epifanio de Salamina (310-403) e Epifanio de Pavia (438-496). A súa festividade celébrase o 7 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Pavia. Conseguiu reconciliar o rei visigodo Eurico co Emperador Xulio Nepote e deulle asilo a Teodorico, rei dos ostrogodos. É o patrón dos prisioneiros de guerra. Na iconografía leva como atributo unha cadeas rotas. A súa festividade celébrase o 7 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Salamina e doutor da Igrexa. Fundou un mosteiro en Eleuterópolis, que dirixiu durante trinta anos, e no 367 foi elixido para a sé metropolitana de Salamina polos bispos da illa de Chipre. Combateu cos seus escritos a doutrina herética do antropomorfismo defendida por Oríxenes, que se estendera por Exipto e Xudea. Entre as súas obras salientan Ancoratus e Panarion, con citas e escritos perdidos doutros autores. Na iconografía leva vestiduras pontificais, coma os bispos orientais, ou roupas ascéticas, como os ermitáns; como atributo persoal, leva os pés descalzos ou un cadáver ao seu lado. A súa festividade celébrase o 7 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, estudou francés na Universidade de La Sorbonne. Catedrático numerario de francés de ensino medio, foi director da Escola Oficial de Idiomas de Lugo (1987-1990). Das súas obras destacan La pronunciación francesa (1963), Las cantigas de escarnio y maldecir de Alfonso X el Sabio (1973), La secuencia de Santa Eulalia (1981) e El cardenal de Retz y España (1981). Tamén publicou, en colaboración con X. Alonso Montero, Galicia y Francia (1963) e Cen anos de literatura galega (1964); e tamén, con X. Alonso Montero e R. Palmás Casal, Castelao na voz dos poetas (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de baloncesto. Coñecido como Epi, xogou no Helios Zaragoza e desde 1974 no F.C. Barcelona. Gañou sete campionatos de Liga (1981, 1983, 1987, 1988, 1989, 1990 e 1995), dez Copas do Rei, dúas Recopas (1985 e 1986), unha Copa Korac (1987) e un Mundial de Clubs (1985). Foi 239 veces internacional e conseguiu a medalla de prata no Campionato de Europa de 1983 e a de bronce no de 1991, ademais da medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984). En 1990 foi elixido mellor xogador europeo da década de 1980. Retirouse en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO