"Estrabón" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
PERSOEIRO
Xeógrafo e historiador grego. Estudiou en Asia Menor, Grecia, Roma e Alexandría. Viaxou por Europa, o N de África e polo Nilo nunha expedición dirixida por Aelio Gallo, prefecto romano de Exipto. Escribiu en grego unha Historia, concibida como continuación da obra de Polibio, da que apenas hai algúns fragmentos, e unha Xeografía en 17 tomos que se conserva case completa. Para a súa obra baseouse nos estudios de Hiparco, Éforo, Polibio, Posidonio e Erastótenes. Sostivo a necesidade dunha base científica para a xeografía, especialmente no referente ás relacións entre o home e o medio físico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cónsul romano. Cuestor en Sardeña e pretor, foi nomeado cónsul en 89 a C despois de obter diversas vitorias durante a guerra social. Outorgou coa lex pompeia o dereito latino ás cidades de Transpadana.
VER O DETALLE DO TERMO