"Etiopia" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • ENTRADA LARGA

    Estado de África Oriental que limita ao N con Eritrea e Xibuti, ao L e NL con Somalia, ao S con Kenya e ao O con Sudán (1.133.882 km2; 62.565.000 h [estim 2000]). Esténdese entre os 3° e 15° de latitude N e os 33° e 48° de lonxitude L. A capital é Addis Abeba.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    O país está dividido en tres grandes rexións: ao O o Macizo Etiópico, de grande altitude e moi erosionado, con vertentes abruptas e cumios aplanados, que sobrepasan os 3.500 m, como o de Ras Dashen, ao N, situado a 4.620 m de altitude; ao SL está o altiplano somalí; separando estas dúas rexións sitúase a fosa tectónica coñecida como o Rift Valley, inclinada de SO a NL e na que se localiza a depresión desértica de Danakil. As montañas de Etiopia están formadas por rochas cristalinas e metamórficas dobradas e fracturadas, coroadas con calcarias sedimentarias, areentas e cubertas por capas de lava.
    Climatoloxía e hidrografía
    Localizado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Etiopia (1930-1974). Como rexente da Emperatriz Xudite, gobernou desde o ano 1917; en 1928 asumiu o título de negus, e en 1930 foi coroado emperador. Conseguiu o ingreso de Etiopia na Sociedade de Nacións (1923), aboliu a escravitude (1924) e promulgou unha constitución de tipo occidental que lle atribuía todos os poderes en 1931. Expulsado do seu país en 1935 a raíz da invasión italiana, recuperou o trono coa axuda dos británicos en 1941, modernizou as estruturas legais e promocionou o panafricanismo. En 1960 fixo fronte a un golpe de estado. Foi destituído en 1974, acusado de corrupción e tiranía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Negus de Etiopia (1889-1913). Acadou o trono coa axuda de Italia, con quen asinou o Tratado de Ucciali, que posteriormente rexeitou, ao saber que por el Etiopia se convertera en protectorado italiano. Como resposta, sufriu a invasión de Italia, pero derrotouna en Adua (1896) e recuperou a súa independencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Etiopia (1855-1868). De nome Kassa, pertenceu a unha pequena familia feudal. Loitou contra os grandes señores feudais e proclamouse negus. Modernizou o país e reorganizou a administración territorial e o exército. Derrotado por unha expedición británica dirixida por Napier, suicidouse.

    VER O DETALLE DO TERMO