"Eugene" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 53.
-
PERSOEIRO
Historiador e arqueólogo francés. Estudiou as esculturas romanas da Tarraconense e publicou as inscricións romanas de Alxeria. Son coñecidos co nome de Tauletes Albertini un grupo de documentos sobre madeira (finais do s V), descubertos en Tbessa (Alxeria).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo francés de orixe grega. Dende o observatorio de Meudon fixo no 1909 unha observación moi acertada sobre os detalles da superficie marciana. Contra as ideas de G. Schiaparelli suxeriu que as chamadas “canles” non eran máis ca ilusións ópticas. Interesouse tamén pola historia da astronomía, principalmente exipcia e grega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Antes de dedicarse á fotografía traballou como actor, pintor e mesmo como mariñeiro. As súas fotografías céntranse en temas monumentais e humanos da vida parisina nos primeiros anos do s XX, tales como rúas, tendas, interiores, parques e demais espacios. As súas creacións foron a miúdo utilizadas como fonte de inspiración por parte de artistas plásticos como Utrillo, Derain, Vlaminck e Kisling. A Fundación La Caixa dedicoulle unha exposición antolóxica (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da literatura francesa. Especializouse en estudios sobre literatura hispánica. Publicou Espagne et Provence, études sur la littérature du Midi de l’ Europe (España e Provenza, estudios sobre a literatura do Sur de Europa, 1857).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo e paleontólogo. Doutor en Ciencias, obtivo a cátedra de Xeoloxía e Mineraloxía na Universidade da súa cidade natal. Foi secretario do Congreso Internacional de Xeoloxía de 1900 e ingresou na Academia das Ciencias de Francia no 1904. Realizou viaxes de investigación por gran parte da Europa Atlántica, publicando memorias sobre as súas expedicións a Inglaterra e Irlanda (1876), As Ardenas (1878), Boulogne (1879), Bretaña (1886), Asturias (1879) e tamén Galicia, sobre a que editou en 1882 Recherche sur les terrains anciens des Asturies et de la Galice (Investigación sobre os terreos antigos de Asturias e de Galicia).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Embriólogo francés. Conseguiu en 1910 o desenvolvemento de óvulos de ra por partenoxénese traumática.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Exerceu como profesor de Química Orgánica na Escola Superior de Farmacia. Foi pioneiro no descubrimento de procesos de síntese de substancias orgánicas independentemente dos seres vivos. Tamén investigou a calor desprendida ou absorbida nas reaccións químicas, o que o levou, ao mesmo tempo que Julius Thomsen, a enunciar o principio chamado Thomsen-Berthelot. Foi, amais, o creador da bomba calorimétrica e descubriu novos métodos para as medicións termoquímicas. Escribiu, entre outras obras, Leçons sur les principes sucrés (Leccións sobre os principais azucres, 1862).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico norteamericano, un dos fundadores da Reoloxía. Chámaselle fluído ou plástico de Bingham a unha substancia ideal que permanece ríxida por debaixo dun certo esforzo aplicado, pero que flúe como un líquido newtoniano cando o esforzo aplicado sobrepasa ese valor crítico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Recibiu influencias dos paisaxistas holandeses barrocos e de Johan Barthold Jongkind e Camille Corot. Desenvolveu con éxito unha temática paisaxística que serviu de preludio para o Impresionismo. Foi partidario da pintura ao aire libre. Entre as súas obras destacan Barcos cerca do muíño e Veleiros saíndo do porto. Foi mestre de Monet.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Romanista francés. Estudiou fundamentalmente a lingua e a literatura gascona. Publicou Éléments de linguistique romane (Elementos de lingüística romana, 1910) e Précis historique de phonetique française (Compendio histórico de fonética francesa, 1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e industrial. Inventor do manómetro metálico, que leva o seu nome. Tamén inventou outros instrumentos como o tacómetro e o reloxo pneumático.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico francés. Percorreu as Islas Canarias, a Península Ibérica, as Illes Balears, Córsega, Provenza, Alxeria, Canadá e Asia Menor, recollendo plantas que despois repartiu de cen en cen entre os coleccionistas máis importantes e os centros botánicos do momento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo de A. Cabanel, residiu en París dende 1869. Destacou polas súas obras inspiradas no tema da maternidade e polos retratos, entre os que sobresaen os de Verlaine, A. Daudet e A. France. Pintou tamén escenas da vida cotiá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político. Foi ministro de Guerra despois da revolución de febreiro de 1848, e reprimiu duramente o levantamento de xuño do mesmo ano. Máis tarde nomeárono xefe do executivo e instaurou un réxime ditatorial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista. A súa novela L’Hôtel du Nord (Hotel do norte, 1929) situouno na corrente populista do s XX. Entre as súas obras destacan, ademais, Petit-Louis (Pequeno Louis, 1930), Faubourgs de Paris (Arrabaldos de París, 1933) e Journal intime, 1928-1936 (Diario íntimo, 1928-1936), publicado postumamente en 1939.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. Profesor de física da Université de Rennes e da Université de la Sorbonne. Baseándose na teoría de E. Debye e P. J. W. Hückel sobre os electrólitos, explicou a variación da viscosidade das solucións electrolíticas en función da concentración. Tamén investigou a polarización rotatoria e a teoría xeral das forzas electromotrices. En 1951 foi elixido membro da Académie des Sciences.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista e político norteamericano. Traballou no ferrocarril como condutor de locomotoras e oficinista. En 1885 foi elixido congresista para o Parlamento de Indiana e converteuse en secretario e tesoureiro da Brotherhood of Locomotive Firemen (1880-1893). Fundou a American Railway Union (ARU, 1893) que acadou un alto número de afiliados. Encarcerado con falsos cargos durante unha folga contra a compañía Western Roads, descubriu o socialismo e, trala saída do cárcere, fundou o Social Democratic Party (Partido Social Democrático, SDP) no 1897. Presentouse ás eleccións presidenciais por primeira vez en 1900 e volveu tentalo en 1904, 1908, 1912 e 1921, anos nos que mellorou os resultados. No 1905 fundou, xunto con outros líderes sindicais, a Industrial Workers of the World (IWW), que naceu coa vontade de opoñerse aos sindicatos conservadores e de unir os traballadores do mundo nunha revolución marxista. Durante a Primeira Guerra Mundial opúxose ao servizo militar obrigatorio e foi encarcerado...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Membro dunha familia de debuxantes e artesáns, parece que foi fillo natural de Talleyrand. En 1815 ingresou na École des Beuax-Arts, onde foi alumno de Pierre-Narcisse Guérin e compañeiro de Théodore Géricault. Ao mesmo tempo, acudía ao Musée du Louvre onde copiaba as obras dos grandes mestres. Foi o abandeirado do romanticismo pictórico francés e un fervente defensor da liberdade do artista fronte aos canons clasicistas: opúxose ao emprego do modelo, feito que contribuíu a que a súa obra, vigorosa e dinámica, fose a miúdo imperfecta. Estudiou a Il Veronese, buscou un equilibrio cromático baseado na complementariedade das cores e abriu o camiño a posteriores experiencias impresionistas e divisionistas. Baixo a influencia de Géricault cultivou a pintura de historia e pintou nun estilo similiar ao da súa obra Dante e Virgile (Dante e Virxilio, 1822), coñecida tamén como a Barca de Dante e que presentou no Salon dese ano. Realizou obras de temas de historia...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo suízo. Realizou estudios universitarios en Friburgo, Louvain e París. Intentou aplicar os métodos da escola activa ao cristianismo e criticou a pedagoxía soviética. Defende que o mestre, fronte ao alumno, debe ser quen tome a iniciativa e a dirección da ensinanza. Entre as súas obras, destacan Pour une école selon l’ordre chrétien (1934), Le Système Decroly et la pédagogie chrétienne (1936), Les expériences pédagogiques en Allemagne (1936) e La pédagogie scolaire en Russie soviétique.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo de C. van Loo, obtivo o Prix de Rome en 1748. Traballou, entre outras obras, na decoración da igrexa de Les Invalides de París. Trasladouse a Rusia e realizou as decoracións de diversos palacios. Foi profesor na academia do Gosudarstbiennij Ermitaxe.
VER O DETALLE DO TERMO