"Extremadura" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • ENTRADA LARGA

    Comunidade autónoma de España, no SO da Península Ibérica (41.602 km2; 1.069.420 h [2001]). Situada entre o Sistema Central ao N e Sierra Morena ao S, limita ao O con Portugal, ao N con Castela e León, ao L con Castela-A Mancha e ao S con Andalucía. Integrada polas provincias de Cáceres e Badajoz, a súa capital é Mérida.
    Xeografía física

    Relevo, climatoloxía e hidrografía
    As principais unidades do relevo son o Sistema Central ao N, a prolongación dos montes de Toledo no centro, Sierra Morena ao S e unha ampla chaira que ocupa toda a zona central da comunidade, e onde se desenvolve un hábitat peculiar, a devesa. Serra de Gata e o sector occidental de serra de Gredos son as unidades do Sistema Central que están na parte máis setentrional de Extremadura, con altitudes superiores aos 2.000 m e formadas sobre todo por rochas cristalinas paleozoicas. Ao L da extensa chaira levántase o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Territorios de fronteira conquistados aos árabes durante a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO