"Fierro" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Militar e funcionario. Marqués de Avilés, fillo de José de Avilés e Iturbide. Marchou a América para exercer o cargo de tenente coronel de dragóns (1769). Tomou parte na represión do alzamento de Tupac Amaru (1780-1781). Chegou a ser gobernador de Chile (1796), e vicerrei do Río da Prata (1799) e do Perú (1801).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Edafólogo. Catedrático de Edafoloxía da facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, ampliou estudios no Laboratoire des Sols de Versailles (1966) e traballou no Centro de Edafoloxía e Bioloxía Vexetal do CSIC de Santiago de Compostela ata 1970. Colaborou en diversas revistas especializadas e xornais (La Noche, El Correo Gallego, Cadernos do laboratorio xeolóxico de Laxe, Boletín das ciencias e Nova acta científica compostelana) con artigos como “Comezos da ciencia moderna na Universidade compostelana” (1971), “El clima y la agricultura (1982), “Ciencia e técnica na Galicia da Ilustración” (1995) ou “O cambio climático” (1999). Colaborou no Mapa Nacional de Suelos (1:200.000), nos das provincias de Oviedo, Santander, León e Huesca, no Mapa Mundial de Solos da FAO (1:500.000) e no da zona húmida de España. Coordinador do volume As augas de Galicia (1996), publicou entre outras obras As especies forestais e os solos de Galicia: unha contribución ao estudo das súas relacións...
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de empresarios orixinaria de Valdelugueros (León). Ildefonso González-Fierro (1882-1961) iniciou o proceso de expansión que converteu a familia nun dos emporios máis importantes da España do s XX, baseado nos negocios banqueiros, tabaqueiros e fosforeiros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dionisio Fernández Álvarez.
-
GALICIA
Escritor e crítico literario. Exerceu a docencia e colaborou en Faro de Vigo, Vida Gallega, Revista de Occidente e Nordés. Da súa produción destaca Una estirpe de escritores colombianos: los Caro (1943) e Páginas abandonadas de Gustavo Adolfo Bécquer (1948). Membro da Real Academia Galega, obtivo o Premio Pérez Lugín en 1943 por Galicia a través de sús poetas, en 1945 obtivo o I premio nos Xogos Florais de Santiago de Compostela pola súa composición Fachada del Obradoiro e en 1951 o I premio nun certame internacional celebrado en La Habana en honor de Curros Enríquez por Seda en el cardo (Vida y obra de Curros Enríquez).
VER O DETALLE DO TERMO