"Filipe IV" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
PERSOEIRO
Rei das coroas de Castela, Aragón (1621-1665), Portugal (Filipe III; 1621-1640), Navarra, Franco Condado, Países Baixos, Sicilia, Sardeña, Milanesado e Nápoles (Filipe III), fillo de Filipe III e Margarida de Austria. Casado por primeira vez con Isabel de Borbón (1615), continuou co goberno de validos co conde-duque de Olivares (1621-1643) e con L. Méndez de Haro (1643-1661). Na política exterior, a monarquía hispánica implicouse plenamente na Guerra dos Trinta Anos (1618-1648), ao ofrecer aos Habsburgo austríacos axuda militar e económica, e desde 1621 reanudou o seu enfrontamento con Holanda. Despois duns primeiros anos de vitorias como a dos tercios de Flandres en Breda (1625), a intervención de Francia no conflito e as vitorias holandesas en Bois-le-Duc (1629) e Maastricht (1632), levaron á monarquía hispánica a buscar unha solución pola vía diplomática. No eido da política interior, o conde-duque de Olivares tentou unha reforma financeira e tributaria baseada nas ideas dos arbitristas....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1285-1314) e de Navarra (Filipe III; 1284-1305), fillo de Filipe III de Francia e Isabel de Aragón. Casou en 1284 con Xoana I de Navarra e en 1286 foi coroado rei de Navarra. Polos tratados de Tarascó (1291) e Anagni (1295) concluíu as loitas cos aragoneses, que herdara do seu pai. Entre 1294 e 1296 enfrontouse aos ingleses e recuperou Guyenne e Gascogne, e no 1300 ao conde de Flandres, que foi liberado polos seus exércitos trala Batalla de Courtrai (1303). Estableceu unha pugna co Papa Bonifacio VIII por causa da bula Clericis Laicos (1296), que prohibía o pago de impostos ao poder civil por parte do clero. Impediu a saída das rendas francesas do papado e a entrada do clero nos Estados Xerais, ao que lle valeu a excomuñón. En 1312 obrigou ao papado a suprimir a orde militar dos Templarios e confiscou os seus bens.
VER O DETALLE DO TERMO