"Fontecuberta" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. De orixe románica, ten unha soa nave de planta rectangular e ábsida con dous tramos, un recto cuberto cunha bóveda de canón e o outro semicircular con bóveda de forno. O arco triunfal é de medio punto, cunha arquivolta interior en aresta e outra exterior cunha moldura axadrezada, que se apoia en columnas pegadas de bases tóricas. No lado N da nave engadiuse un corpo. Conserva un retablo neoclásico. A porta principal está formada por unha arquivolta con doelas en aresta; o tímpano apenas está decorado. A espadana é de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO