"Frixe" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Intercambiador de calor empregado industrialmente para enfriar líquidos e que utiliza o aire como elemento refrixerante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Muxía baixo a advocación de santa Locaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de refrixerar.

    2. Produción ou utilización de temperaturas inferiores ás atmosféricas normais, que se obteñen mediante diversos efectos físicos, como a radiación, as variacións de calor latente ou sensible; efectos químicos, efectos termoeléctricos e mesmo efectos magnéticos.

    3. Procedemento para a conservación de alimentos que provoca a inhibición do crecemento microbiano e das reaccións enzimáticas, efectuado a temperatura inferior á de conxelación do produto alimentario, empregado cando se quere conseguir a conservación deses produtos durante períodos de tempo relativamente curtos. A refrixeración emprégase tamén como tecnoloxía auxiliar na preparación de diversas bebidas fermentadas, como a cervexa, o viño e a sidra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para refrixerar.

    2. Aparato que arrefría ou conserva produtos a baixas temperaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que refrixera.

      1. Fluído de características apropiadas para absorber enerxía calorífica a un nivel determinado de temperatura e transportala a un nivel diferente. Son refrixerantes primarios aqueles que forman parte dun ciclo de refrixeración e que transportan a enerxía calorífica desde un nivel de baixa temperatura a un de máis alta. Os refrixerantes secundarios transportan a enerxía calorífica desde un nivel de alta temperatura a un de máis baixa.

      2. axente refrixerante

        Axente, xeralmente líquido, de baixo punto de ebulición, que se emprega para absorber calor dun medio mediante a súa vaporización.

      1. Aparato que permite arrefriar un medio ou condensar un vapor mediante a circulación dun fluído frío. Este arrefriamento pode producirse pola circulación das substancias que cómpre arrefriar ou do vapor que cómpre condensar polo interior dun tubo rodeado de auga fría ou dun refrixerante, ou ben ao ser mergullado un tubo polo que circula a mestura refrixerante no seo da materia que se quere arrefriar ou do vapor que se quere condensar.

      2. Aparato que serve para arrefriar o condensado que se obtén nunha destilación, para recollelo a unha temperatura adecuada e minimizar as perdas por evaporación.

      3. Peza dunha montaxe de destilación ou de refluxo, en forma de tubo, no interior da que se condensa o vapor, e despois se arrefría o líquido condensado, mediante intercambio de calor con outro fluído que circula polo exterior dentro doutro tubo ou camisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alimento lixeiro que se toma para repoñer forzas.

    2. Alivio que se sente con algo que refresca.

    3. Aquilo que alivia unha molestia ou que transmite vitalidade para superar unha situación difícil.

    VER O DETALLE DO TERMO