"Gaddi" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Oasis da ribeira occidental do Mar Morto, en pleno deserto de Xudea. Os seus palmeirais e as súas viñas son loadas na Biblia, sobre todo no Cántico dos Cantares. Os seus arredores foron pródigos en restos arqueolóxicos e manuscritos. Son famosas, sobre todo, as covas de Qumrān e as construcións dos esenios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de pintores florentinos activos nos ss XIII e XIV. Gaddo Gaddi (1250?-1327?) coñecido como Gaddo di Zanobi, traballou, entre outros, os mosaicos de Santa Maria Maggiore de Roma. O seu fillo Taddeo Gaddi (1300?-1366?) foi un dos colaboradores de Giotto. Entre as súas obras destacan os frescos da Storie de Maria na capela Baroncelli e da Ultima cea no refectorio da Santa Croce de Florencia. Tratou o espazo de acordo coas premisas compositivas de Giotto, á vez que mantivo tamén un predominio do debuxo, unha gama limitada de cor e unha preocupación polos problemas da perspectiva. O seu fillo Agnolo Gaddi (?-1396) foi o representante da escola florentina da segunda metade do s XIV. Formouse no taller do seu pai e recibiu a influencia de Giotto e de Nardo de Cione. Das súas obras destacan a decoración do presbiterio e os frescos da capela Castellani da Santa Croce de Florencia (1380?), os frescos da capela...

    VER O DETALLE DO TERMO