"Ganade" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de socorros mutuos sobre o gando fundada en febreiro de 1932, mantivo a súa actividade ao longo da década dos trinta. O obxectivo era asegurar as cabezas de gando dos socios obedecendo a unha estratexia propia dos gandeiros procedentes das comunidades rurais galegas, ante a falta de protección estatal. A Alianza Gandeira foi a terceira sociedade mutualista da parroquia de Coiro (as outras fundáranse sen moito éxito en 1901 e 1912) instaurada nun momento en que o comercio gandeiro galego se favorecía das importantes exportacións a Portugal e ao interior do Estado (principalmente Barcelona e Madrid).
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Lugo a partir de novembro de 1946. Cesou probablemente en febreiro de 1947. Subtitulouse “Revista de Divulgación Pecuaria. Órgano de la Veterinaria Gallega al Servicio de la Ganadería Regional”. Dirixida por Luis Escribano, o seu consello de redacción estaba integrado por veterinarios de todas as provincias de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de san Bertomeu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Porqueira baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO