"Gotha" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PERSOEIRO
Príncipe consorte da Gran Bretaña (1857), segundo fillo do duque Ernesto de Saxonia-Coburgo-Gotha. Estudiou en Bruxelas e en Bonn. Casado (1840) coa raíña Victoria, curmá súa, influíu nos asuntos políticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Anuario editado a partir do ano 1763 en Gotha (Turinxia) baixo a protección da duquesa de Saxonia-Gotha. Recolle o estado persoal dos membros de todas as casas soberanas de Europa e, máis tarde, do mundo. Posteriormente ampliouse cunha relación dos altos funcionarios político-administrativos dos estados mundiais.
-
CIDADES
Cidade do land de Turinxia, Alemaña (55.100 h [1990]). Esténdese ao pé da Selva de Turinxia. É un núcleo industrial, con industria mecánica e química, fábricas de porcelana e fornos metalúrxicos. A partir de 1763 editouse neste lugar o Almanaque de Gotha, e o seu instituto xeográfico posúe a colección máis completa de mapas e documentos xeográficos de todo o mundo. Na Idade Media converteuse na capital do ducado de Saxonia-Gotha e, posteriormente, do de Saxonia-Coburgo-Gotha. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral (ss XIV-XV), o edificio do concello (s XVI) e o castelo Riedenstein (s XVII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea celebrada en Gotha (22-25.5.1875) na que se uniron ás dúas correntes do movemento obreiro alemán: a do Partido Obreiro Socialdemócrata e a da Asociación Xeral de Obreiros Alemáns. O partido socialista unificado recibiu en 1890 o nome de Partido Obreiro Socialista de Alemaña (Sozialdemokratische Partei Deutschlands). O programa de Erfurt (1891) deulle un sentido marxista ao programa articulado en Gotha.
-
PERSOEIRO
Pintor alemán. Coñecido como Mathis Grünewald, foi pintor de cámara do arcebispo elector de Maguncia (1508-1524). En 1527 trasladouse a Halle por mor da súa inclinación luterana. A súa obra, que reflicte o coñecemento da arte italiana do Renacemento, enraízase no gótico alemán de Jan Polack e Hans Burgkmair. O seu estilo manifestouse no retablo de Isenheim (1513-1515).
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Estado alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1556, despois da división en ducados do antigo landgraviado de Turinxia, para Xoán Federico II (?-1595), fillo maior do elector Xoán Federico I de Saxonia. Incorporou o ducado de Saxonia-Altenburg en 1672 e desde 1675 pasou a denominarse ducado de Saxonia-Gotha-Altenburg. En 1825 Gotha uniuse ao ducado de Saxonia-Coburg, e Altenburg ao de Saxonia-Hildburghausen.
VER O DETALLE DO TERMO