"Greenwich" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
CIDADES
Cidade de Inglaterra, situada na área metropolitana de Londres, na beira dereita do Támesis, ata 1986 era un dos 32 distritos do Gran Londres, establecido en 1965 pola unión dos anteriores distritos de Greenwich e Woolwich (200.800 h [estim 1991]). No parque de Greenwich instalouse o antigo observatorio desde o que se fixou (1884) a posición do meridiano inicial, o National Maritime Museum e o Royal Naval College. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o palacio de Placentia (ss XV-XVII), o castelo de Vanburgh, a Queen’s House e o Old Royal Naval College.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Barrio residencial de Manhattan, Nova York. Vila independente durante o período colonial, a comezos do s XX converteuse no centro da vida artística norteamericana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Observatorio astronómico fundado por Carlos II en Greenwich, no ano 1675, coa finalidade de proporcionar datos, imprescindibles para os navegantes de entón, para determinar a posición. No 1884 estableceu de forma arbitraria o meridiano de lonxitude 0°. No ano 1948, debido a que a contaminación atmosférica e a iluminación nocturna de Londres dificultaban as observacións, trasladouse ao castelo de Herstmonceux, próximo a Eastbourne (Sussex). Depende da University of Cambridge. Utilizou o grupo de telescopios Isaac Newton do observatorio do Roque de los Muchachos en Canarias, grazas a un acordo internacional.