"Guadalete" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
RIOS
Río de Andalucía (157 km de lonxitude e 3.088 km2 de conca). Recolle as augas dos regatos de Grazalema (Cádiz) e transpórtaas ata o Atlántico polo Puerto de Santa María (10 m3 de caudal). Nel construíronse os encoros de Bornos e de Arcos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento militar que sostiveron en xullo do 711 as tropas do rei visigodo Rodrigo e o exército musulmán liderado por Tāriq ibn Ziyād. A vitoria musulmá supuxo a fin do reino visigodo e o inicio da ocupación árabe do territorio peninsular. A localización do lugar do combate continúa a ser moi discutida e os historiadores dubidan en situalo entre o río Barbate, a lagoa de La Janda e a beira do río Guadalete.