"Hastings" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PERSOEIRO

    Político e médico que exerceu en Londres e Ghana. No ano 1951 fundou e accedeu á xefatura do Nyasaland African National Congress (NANC, posteriormente Malawi Congress Party) para loitar contra o dominio da minoría branca na Federación de África Central (1953-1963); por estas actividades estivo preso entre 1959 e 1960. De 1961 a 1963 foi primeiro ministro e ministro de Recursos naturais do goberno local de Nyassalandia. No ano 1966, trala independencia, foi o primeiro Presidente electo da República de Malawi (nome que adoptou Nyassalandia nese momento). No ano 1971 autoproclamouse Presidente vitalicio e instaurou un réxime de partido único, personalista e autoritario. No 1993, debido á forte oposición interna e á presión internacional, restableceu o multipartidismo e convocou eleccións democráticas en 1994, nas que foi derrotado por Bakili Muluzi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Membro da escola neoclásica de economía, en 1933 formulou o concepto de competencia monopolista na súa obra The Theory of Monopolistic Competition (A teoría da competencia monopolística).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de East Sussex, Inglaterra, Reino Unido (81.100 h [estim 1986]). Situada ao SL de Londres, á beira do estreito de Dover, foi un importante porto comercial durante a Alta Idade Media. No s XVIII converteuse nun importante centro balneario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento militar que sostiveron o 14 de outubro de 1066 as tropas do Rei Harold II de Wessex e as de Guillerme II de Normandie. Trala derrota de Harold II, Guillerme proclamouse rei de Inglaterra co nome de Guillerme I de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Administrador inglés ao servizo da Compañía das Indias. Gobernador xeral de India (1774), transformou Bengala nunha auténtica colonia. En 1785 dimitiu do cargo a causa das medidas obstaculizadoras ao seu traballo tomadas contra el en Inglaterra baixo a presión dos whigs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor inglés. Discípulo de G. Elvey, realizou o seu primeiro traballo orquestral en 1878. Dirixiu o Royal College of Music (1894-1918) e foi o autor de música sobre obras de J. Milton, de cinco sinfonías, oratorios e obras corais, das que destacan Prometheus Unbound (1880) e Magnificat (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO