Cidade do estado de Florida, EE UU, situada na costa atlántica (121.700 h [1990]). Fundouna en 1921 un inmigrante californiano, Joseph W. Young. É unha cidade residencial.
Sector da aglomerción urbana de Los Angeles, no estado de California, EE UU. Coñecida por ser a sede dos principais estudios cinematográficos estadounidenses, do seu patrimonio cultural destacan Hollywood Boulevard, Sunset Strip e os teatros Chinés e Kodak.