"Inocencio VI" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • GALICIA

    Fotógrafo. Traballou no comercio e na imprenta que instalara o seu pai, esta última especializada en fotogravado. Especializado en imaxes etnográficas, percorreu a xeografía galega na procura de escenas de campo, monumentos, feiras e outros acontecementos sociais nos que os labregos, en xeral, eran os protagonistas. Tamén cómpre salientar as súas fotografías sobre a vida cotiá da cidade da Coruña, tal e como aparece na serie Por las calles. Editou Vistas de La Coruña e Portfolio de Galicia (1904). A súa obra apareceu publicada no libro As imaxes do traxe tradicional en Galicia (1992) e difundíronse na I Fotobienal celebrada en Vigo (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1352-1362). De nome Étienne Aubert, foi bispo de Noyon (1338), de Clermont (1340) e cardeal-bispo de Ostia (1352). Durante o seu papado combateu os espirituais. Confiou ao cardeal Gil Álvarez de Albornoz a pacificación dos Estados Pontificios (1353).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1484-1492). De nome Giambattista Cybo, durante o seu papado a política, dirixida polo cardeal Giuliano della Rovere, levouno a enfrontarse con Fernando I de Nápoles. Organizou a cruzada contra os valdenses.

    VER O DETALLE DO TERMO